Vila Franca do Campo
Vila Franca do Campo é unha vila portuguesa na illa de São Miguel, Rexión Autónoma dos Azores, capital dun municipio con 78,00 km² de superficie e 11 229 habitantes (2011), subdividido en 6 freguesías. O concello limita polo norte con Ribeira Grande, ao leste con Povoação, ao oeste con Lagoa e ao sur co océano Atlántico.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Rexión Autónoma | Azores | |||
Capital | Vila Franca do Campo (vila) (pt) | |||
Contén a división administrativa | Ponta Garça (pt) Ribeira Seca (pt) Ribeira das Taínhas (pt) Vila Franca do Campo (São Miguel) (pt) Vila Franca do Campo (São Pedro) (pt) Água de Alto (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 10.323 (2021) (132,35 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 78 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Creación | 1472 | |||
Día festivo | ||||
Santo padrón | Xoán o Bautista | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 9680 | |||
Prefixo telefónico | 296 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cmvfc.pt |
Fronte a Vila Franca do Campo, a uns 1200 m do porto do Tagarete, está o illote de Vila Franca, un cono litoral de litoral de tufos palagoníticos fortemente litificados, que contén no seu interior unha caldeira inundada de forma case perfectamente circular. O illote é desde 1993 unha reserva natural, constituíndo tamén un importante lugar de veraneo.
Historia
editarVila Franca do Campo foi, durante o primeiro século de poboamento, a máis importante localidade da illa, onde residía Gonçalo Vaz Botelho, o capitán do donatario, e as principais institucións oficiais, como a Alfándega e a Ouvidoria, de onde procede o epíteto de "primeira capital micaelense" que recibe a localidade. Foi elevada a vila en 1472, a segunda no arquipélago.Tiña xa hospital mesmo antes da fundación da Santa Casa da Misericordia de Lisboa (1498), por mor dunha disposición testamentaria de Isabel Gonçalves que, en 1483, legou os seus bens para a súa institución.
Na noite de 21 ao 22 de outubro de 1522, a vila sufriu un violento terremoto que causou un grande escorregamento de terras nas vertentes que dominan a vila, causando un lahar que soterrou a maior parte da localidade. Como consecuencia estímase que pereceron milleiros de persoas en toda a rexión Para reedificar a vila cortáronse as forestas do Val das Furnas, desaparecendo gran número de cedros que aí abundaban, para seren distribuídos gratuitamente ás famílias pobres na construción dos seus fogares.
Malia a destrución, Vila Franca mantivo importancia rexional ata o século XVIII, por tras de Ponta Delgada, ata que Ribeira Grande a suplantou.
En Vila Franca tiveron lugar algúns dos máis importantes eventos das loitas entre os partidarios de Antonio I de Portugal e de Filipe II de España, que culminaron na batalla naval de Vila Franca, que se desenvolveu no litoral sur da illa de São Miguel o 26 de xullo de 1582.
Despois da batalla, Álvaro de Bazán, marqués de Santa Cruz de Mudela, desembarcou na vila, estabelecendo o seu cuartel xeral e enforcando uns 800 prisioneiros franceses e portugueses.
Freguesías
editar- Água de Alto
- Ponta Garça
- Ribeira das Tainhas
- Ribeira Seca
- São Miguel
- São Pedro
Galería de imaxes
editar-
Convento de Santo André.
-
Lagoa do Fogo, Miradoiro da Serra da Barrosa.
-
Porto e mariña de Vila Franca do Campo.
-
Ermida de Nosa Señora da Paz.