Vicente Irisarri
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2020.) |
Vicente Luis Irisarri Castro, nado en Vigo en 1951, é un enxeñeiro e político galego, alcalde de Ferrol dende 2007 ata 2011, polo PSdeG-PSOE. É ademais irmán do arquitecto Jesús Irisarri.
Nome orixinal | (es) Vicente Luis Irisarri Castro |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1951 (73/74 anos) Vigo, España |
Alcalde de Ferrol | |
2007 – 2011 ← Juan Juncal – Xosé Manuel Rey → | |
Actividade | |
Ocupación | Político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Jesús Irisarri |
Traxectoria
editarÉ enxeñeiro naval, estudos que cursou en Madrid e aos que engade varios cursos de posgrao. A súa experiencia profesional estivo centrada na xestión empresarial, tanto en empresas privadas como públicas. Desempeñou o cargo de presidente de Portos de Galicia de 2005 a 2007, ente público adscrito á Xunta de Galicia, dende onde participou na planificación e xestión do sistema portuario galego.
Ligado a Ferrol, exerceu como director da empresa Fenya e tamén da cooperativa Passco. Foi presidente da Xunta do Porto de Ferrol, máis tarde Autoridade Portuaria, entre 1989 e 1996, unha etapa na que se remodelou a zona do peirao urbano de Curuxeiras, se rexeneraron as praias de Caranza e A Graña e se puxeron en funcionamento o chamado ‘Novo Peirao’ e a terminal de Endesa.
No eido deportivo, fundou e dirixiu durante 18 anos o Océano Surf Club, o primeiro club de surf de Galiza, e a competición internacional Pantín Classic.
Tras unha dilatada traxectoria como militante político, foi precandidato infrutuoso á Alcaldía de Ferrol nas primarias internas dos socialistas de 1998. Nas Eleccións Xerais de marzo de 2000 foi o número 3 da candidatura do PSdeG pola provincia da Coruña, pero os malos resultados supuxeron que non obtivese escano. En 2006 foi nomeado candidato a alcalde de cara ás eleccións de maio de 2007, abandonando o seu cargo de presidente de Portos de Galicia.
A súa candidatura foi a máis votada o 27 de maio, con 9 dos 25 concelleiros da corporación, fronte aos 4 con que contaban os socialistas no mandado precedente. Porén, a súa condición de maioría relativa obrigou a asinar o 15 de xuño un pacto de gobernabilidade con Esquerda Unida-Izquierda Unida (EU-IU).
Ese pacto quedou rachado en outubro de 2008,[Cómpre referencia] intre dende o que os socialistas afrontan o goberno da cidade en minoría.
Predecesor: Juan Juncal |
alcalde de Ferrol 2007-2011 |
Sucesor: José Manuel Rey Varela |