Vicenç Navarro

sociólogo español

Vicenç Navarro López, nado en Barcelona en 1937, é un economista, sociólogo e politicólogo catalán. É catedrático de Ciencias Sociais pola Universidade Pompeu Fabra.

Modelo:BiografíaVicenç Navarro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Gironella, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
London School of Economics
Universidade Johns Hopkins Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo, economista, profesor universitario, politicólogo, médico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Pompeu Fabra (–2021)
Universidade de Barcelona
Universidade Johns Hopkins Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCatalunya en Comú (2017–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Sitio webvnavarro.org Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm5713644 Twitter: VicencNavarro BNE: XX1247510 Dialnet: 32842 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciouse en Medicina en 1962 na Universidade Pompeu Fabra, pero ese mesmo ano debe abandonar España como consecuencia da súa actividade antifranquista. Aséntase en Suecia, onde estuda economía en Uppsala e Estocolmo, e posteriormente no Reino Unido, proseguindo os seus estudos en Londres, Oxford e Edimburgo. Dende 1967 e durante 35 anos foi profesor da Universidade Johns Hopkins, en Baltimore, Estados Unidos.

Centrado en estudos arredor do estado do benestar, Navarro é enormemente crítico coa estrutura económica neoliberalista, arredor da cal ten publicado numerosos artigos en xornais e revistas como Público, Rebelión.org ou El Plural, ademais de libros como o acabado de saír Hay alternativas, de distribución libre, onde propón, xunto con Alberto Garzón e Juan Torres López, unha serie de medidas afastadas da retórica oficial para crear emprego e benestar no estado español. Adicionalmente, ten asesorado a distintos gobernos, como os de Cuba, Estados Unidos, Chile ou Suecia, sobre política sanitaria.

  • Neoliberalismo y Estado del Bienestar (2000). Madrid, Ariel Económica.
  • Globalización Económica, Poder Político y Estado del Bienestar (2001). Madrid, Ariel Económica.
  • Bienestar Insuficiente, Democracia Incompleta. De lo que no se habla en nuestro país (2002). XXX Premio Anagrama de Ensayo. Barcelona: Anagrama
  • The Political Economy of Social Inequalities. Consequences for Health and Quality of Life (2002).
  • El estado de Bienestar en España (2003).
  • El estado de Bienestar en Cataluña (2003).
  • Political and Economic Determinants of Population Health and Well-Being (2004). Baywood (with C. Muntaner).
  • The Political and Social Context of Health (2004). Baywood.
  • El subdesarrollo social de España: causas y consecuencias (2006). Barcelona: Anagrama.
  • Hay alternativas (con Juan Torres López e Alberto Garzón, 2011). Editorial Sequitur.[1]
  1. Hay alternativas. Libre descarga dende rebelion.org

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar