Vespertilionidae

Plecotus auritus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Chiroptera
Suborde: Microchiroptera
Superfamilia: Vespertilionoidea
Familia: Vespertilionidae
Gray, (1821)
Subfamilias

Os vespertiliónidos (Vespertilionidae) son unha familia de morcegos, habitantes principalmente das zonas temperadas do planeta.

É a familia máis diversificada de morcegos, distribúense por toda clase de hábitats, desde tropicais até desérticos. O seu tamaño varía entre os 3 e 10 cm e de 4 a 50 g de peso, ollos pequenos e folla nasal ausente; orellas moi longas nalgúns xéneros, como Plecotus e Histiotus; trago usualmente presente.[1]

De 28 a 38 dentes e coa fórmula dentaria , en especies con poucos dentes faltan os premolares, maioritariamente insectívoros, a excepción de Myotis vivesi e Antrozous pallidus, que consomen peixes e escorpións respectivamente.

Os vespertiliónidos aniñan en covas e outros refuxios. Segundo a especie, poden ser solitarios ou gregarios; as especies de zonas temperadas poden emigrar ou hibernar.

Clasificación

editar

Están recoñecidas cinco subfamilias:

  • Subfamilia †Incertae sedis
  • - †Karstala
  • - †Plionycteris
  • - †Potamonycteris
  • - †Shanwangia
  1. Pequena excrecencia cutánea a modo de pantalla, situada fronte ao conduto auditivo, para dirixir os sons reflectiddos no pavillón auditivo.
  2. Rosina, Valentina V.; Semenov, Yuriy A. (2012). "New taxa of vespertilionid bats (Chiroptera, Mammalia) from the Late Miocene of Ukraine". Neues Jahrbuch für Geologie und Paläontologie 264 (3): 191–203. doi:10.1127/0077-7749/2012/0236. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar