Vermudo II
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Vermudo II[1], nado cara ao 956 e finado no Bierzo no 999, foi coroado en Compostela o 15 de outubro do 982[2] gobernando desde 985 e até a súa morte todo o reino de Galiza.[3][4][5][6][7] Xúlgase que fose fillo bastardo de Ordoño III. Foi cognominado o Gotoso, por sufrir de gota.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 953 (Gregoriano) |
Morte | 4 de setembro de 999 (45/46 anos) Vilaboa, España |
Lugar de sepultura | Basílica de Santo Isidoro de León |
Monarca do Reino de León | |
985 – 999 | |
Monarca do Reino de Galicia | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Outro | |
Título | Rei de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Velasquita Ramírez Elvira García |
Fillos | Ordoño Vermúdez () Cristina Vermúdez () Velasquita Ramírez Afonso V o Nobre () Elvira García |
Pais | Ordoño IV e Urraca Fernandes de Castela |
Irmáns | Urraca Sánchez de Pamplona Gonzalo Sánchez of Aragon |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Coroación en Galicia
editarRamiro III apoiábase en casas nobiliarias alleas a Galicia, como os Beni Gómez. Incorría nisto no mesmo erro que o seu pai Sancho I que fora envelenado polo dux galaico-portugués Gonzalo Menendiz. A ameaza normanda e musulmá (ocupación de Simancas por Almanzor) incrementaban o descontento.
O 15 de outubro do ano 982, a máis alta nobreza galega proclama rei a un fillo de Ordoño III, Vermudo, e coróano en Santiago de Compostela[8]. Axiña o novo rei faise coa soberanía de todas as terras galegas (que nese momento chegaba ata Coímbra). Ramiro III, entrou entra en territorio galego coas tropas reais sendo derrotadas en Portela de Areas (preto de Monterroso). Vermudo II empezaba o seu reinado en terras galegas. Na primavera do ano 984, invadiu as terras do seu rival e as tropas galegas expulsaron a Ramiro III de León. Este fíxose forte en Astorga e non renunciou á coroa leonesa ata a morte no ano 986.
No ano 985, Vermudo II aparece asinando documentos en Celanova dando testemuño de que xa non ten resistencias e estando ao seu lado como coasinante o líder da nobreza galega Mendo Gundisalviz. Así mesmo, procura o apoio das dioceses, quer pacificamente mediante doazóns (caso de Iria-Santiago e Lugo) ou ben metendo na cadea ao bispo (caso de Gustedeo de Oviedo).
No ano 986 outorga privilexios ás comunidades relixiosas que inzaban as abas do monte Ilicino (máis coñecido como Pico Sacro) eximíndoas de todo tributo. Nese mesmo ano expulsou de Galicia a determinados nobres sublevados que se refuxiaron á sombra de Almanzor.
Insurrección leonesa
editarToda Galicia recoñecía a Vermudo, pero os Beni Gómez, condes de Saldaña, descoñecían a súa autoridade en terras leonesas. Gómez García e García Gómez eran avós e tío do fillo de Ramiro III, Ordoño Ramírez, e mantiveron en pé os seus dereitos. Nas estadías de Vermudo II en Galicia encontrouse cos señores rebeldes propagando a falsa noticia da súa morte e enseñorándose de León nos anos 989 e 990. O nobre Conancio gobernou a teórica capital do reino en franco desafío ao rei galaico-leonés. Vermudo II volveu dende Galicia e conseguiu expulsar a Conancio, confiscándolle os seus bens.
No ano 991, volveron os nobres leoneses a facerse coa cidade, apoderándose do tesouro real e, coa axuda dos musulmáns, obrigaron a Vermudo a refuxiarse en Galicia, onde mantiña o seu poder intacto.
O novo monarca galaico-leonés conseguira o apoio do bispo de León. Motivo polo cal este viu as súas terras asoladas polos condes leoneses. Almanzor tería entre os rebeldes a Vermudo II uns valiosísimos aliados.
Almanzor
editarAlmanzor arrasou León, Zamora, Tui e no ano 997 a cidade de Santiago de Compostela, onde non deixa pedra sobre pedra da catedral xacobea. As portas e as campás da catedral compostelá son levadas a ombreiros de galegos ata Córdoba nun acto de humillación para o reino cristián. A superioridade militar do caudillo musulmán, aconsella a Vermudo II non presentar batalla aberta e deambular por Galicia sostendo un reino a piques de derrubarse. Tras esta terrible vaga, Vermudo II acudiu a Santiago onde auxiliou ao seu bispo San Pedro de Mezonzo a erguer das súas ruínas a basílica do Apóstolo. No ano 999 confiaba o monarca o goberno do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro ao presbítero Anscario e ao monxe Trasuario.
Pervivencia da súa liñaxe
editarSosténdose na nobreza galega, busca apoios tamén na castelá. Casa coa filla do conde de Castela, Elvira García, e confía a educación do seu fillo ao conde galego Mendo Gundisalviz. Este será o dono da situación á morte de Vermudo no ano 999, e defenderá con éxito os dereitos do seu protexido Afonso V o devandito fillo de Vermudo II.
A morte lévao no ano 999 estando no Bierzo. Os seus restos consérvanse na catedral de León.
Familia
editar- 1º matrimonio con Valasquida, filla de Ramiro II: Cristina.
- 2º matrimonio con Elvira García, filla do conde de Castela García Fernández: Afonso V o Nobre, Teresa e Sancha.
Fillos ilexítimos: Elvira e Pelaio.
Notas
editar- ↑ "Vermudo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2158.
- ↑ Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999):Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (3): 28.
Fuit ordinatus in sede sancti Iacobi apostoli, idus octobris era millesima vicessima
- ↑ Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 57.
et regem alium nomine Veremudum super se erexerunt, qui fuit ordinatus in sede sancti lacobi apostoli
- ↑ Conde, Jose Antonio (1844). Historia de la dominación de los árabes en España 2. p. 82.
el rey Bermond de Galicia
- ↑ Minguéz Fernández (ed.). Colección diplomática del Monasterio de Sahagún 1. p. 430.
Regnante Veremundo rex in Galezia
- ↑ Lucas Álvarez, Manuel (1995). El reino de León en la alta Edad media: La documentación real astur-leonesas (718-1072). CSIC.
Regnante Veremudo serenissimo principe in foris terra seu et in Gallecia dominante
- ↑ Castro Álvarez; Fernández de Viana y Vieites; González Balasch, eds. (1999). El monasterio de San Juan de Caaveiro. Deputación Provincial de A Coruña. p. 120 - 121.
Ego, prenominat[us] rex Veremudus, regnans Gallecie, cartam quam fieri iussi, manu propria roboro et confirmo.
- ↑ Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 57.
et regem alium nomine Veremudum super se erexerunt, qui fuit ordinatus in sede sancti lacobi apostoli
Véxase tamén
editar Vermudo II. Un rei galego fronte á adversidade. |
Bibliografía
editar- Carriedo Tejedo, Manuel (2014). "La ascendencia de Vermudo II (982-999): Un rey educado en Santiago a la sombra de San Rosendo" (PDF). Annuarium Sancti Iacobi (en castelán) (3): 19–43, 30.Carriedo Tejedo&rft.date=2014&rft.genre=article&rft.issue=3&rft.jtitle=Annuarium Sancti Iacobi&rft.pages=19-43, 30&rft_id=http://www.annuariumsanctiiacobi.org/sites/annuariumsanctiiacobi.org/files/la_ascendencia_de_vermudo_ii_982-999.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- López Carreira, Anselmo (2003). Os reis de Galicia. Vigo: Edicións A Nosa Terra. ISBN 84-96203-44-1.López Carreira&rft.btitle=Os reis de Galicia&rft.date=2003&rft.genre=book&rft.isbn=84-96203-44-1&rft.place=Vigo&rft.pub=Edicións A Nosa Terra&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Outros artigos
editarReino de Galiza | ||
---|---|---|
Segue a: Ramiro III |
Vermudo II | Precede a: Afonso V |
Dinastía dos Ordoñez (910-1037) |