Verducido, Pontevedra
San Martiño de Verducido é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 913 habitantes (434 homes e 479 mulleres), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.075 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve.[2] Pertence ó arciprestado de Redondela-Oitavén, na diocese de Tui-Vigo.
Verducido | |
---|---|
igrexa parroquial | |
Concello | Pontevedra[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°28′47″N 8°37′11″O / 42.47972222, -8.61972222 |
Área | 9,82 km² |
Poboación | 913 hab. (2017) |
Densidade | 92,97 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Situación
editarOcupa un terreo montañoso, accidentado polos outeiros das Pasadellas, das Pedreiras e do Campo de Bois e no que destaca o monte Acival, que supera os 600 metros de altitude. Ten paisaxes naturais que nos levan á evasión como as que se poden contemplar nos arredores do encoro do Pontillón do Castro, reserva de auga da cidade de Pontevedra e refuxio de aves que conta na súa proximidade cunha gran zona de lecer.[3]
No cumio dun monte próximo sitúase un miradoiro cunha escultura en pedra dedicada aos canteiros. Desde aquí, ademais dunha canteira de granito moi próxima, pódese divisar o contorno da cidade de Pontevedra.
A igrexa parroquial foi totalmente reedificada durante o século XVIII e que inclúe no seu conxunto unha peza abovedada anterior que se cre podería ter sido unha antiga sancristía.
A festa patronal é o día 12 de novembro (san Martiño), pero tamén se celebran san Breixo, santa Bárbara e o Corpus Christi.
Galería de imaxes
editar-
Estatua ós Canteiros.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Ministerio de Administraciones Públicas. Secretaría General Técnica (2008). VARIACIONES DE LOS MUNICIPIOS DE ESPAÑA DESDE 1842 (1 ed.). Ministerio de Administraciones Públicas. Secretaría General Técnica. pp. 94–97. NIPO: 326-08-017-8. Arquivado dende o orixinal o 21/10/2021. Consultado o 01/11/2021.
Geve se extingue y su territorio se incorpora a Pontevedra. 10/02/1944
- ↑ La nueva vida del Pontillón do Castro, La Voz de Galicia, 23-9-2010 (en castelán).
Lugares e parroquias
editarLugares de Verducido
editarLugares da parroquia de Verducido no concello de Pontevedra | |
---|---|
A Abelleira | Bordel | Covadáspera | O Gabián | O Outeiriño | Rosende | Verducido | Vilariño |
Parroquias de Pontevedra
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verducido, Pontevedra |