Verín Club de Fútbol
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipación, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2000 espectadores.
Verín | |||
---|---|---|---|
Nome | Verín Club de Fútbol | ||
Fundación | 1971 | ||
Estadio | José Arjiz, Verín, Galicia | ||
Capacidade | 2.000 | ||
Presidente | José Manuel Zubiela Calderón | ||
Adestrador | Diamantino Braz | ||
Liga | 1ª Autonómica – Grupo 4 | ||
2016–17 | 20º (Preferente – Grupo Sur) | ||
Patrocinador | Denominación de Orixe Monterrei | ||
Na rede | |||
http://www.verincf.es/ | |||
| |||
Escudo
editarNo escudo do Verín CF ocupa un lugar predominante a imaxe do castelo de Monterrei, por riba dunha banda azul, que representa o Támega, río que baña a vila de Verín. No interior da banda azul, un balón de fútbol. No ano 2012 o escudo cambiou a un deseño máis moderno e colorido.
Uniforme
editarO Verín CF viste camisola vermella, pantalón azul e medias vermellas. O segunda equipamento consta de camisola azul, pantalón branco e medias azuis.
Estadio
editarO Verín CF xoga os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, inaugurado en 1971, con capacidade para 2000 espectadores. O estadio, situado na estrada de Laza, está ao pé do castelo de Monterrei.
Historia
editarAntes da guerra civil española existiu na vila o Racing Club Verín, e despois da contenda bélica Juan Reigada fundou un novo club, o CD Verín, que xogaba no antigo campo do Toral. De alí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa.
En 1971 botou a andar o actual Verín CF, que a partir de 1976 pasou a ter como campo de xogo o José Arjiz. Nese mesmo ano, 1976, o Verín CF proclamouse 'campión galego de afeccionados tras superar na final o CCDR Perlío, de Fene, logrando o pase ao Campionato de España, onde caeu eliminado (perdendo por 0-1 na casa e por 5-0 fóra), ante o C.D. Ensidesa de Avilés na primeira rolda. En 1981 ascende por primeira vez á terceira división, categoría en que sumou dez campañas. Tras unha involución a principios dos 90 que mergullou o equipo na segunda rexional, entre 1997 e 2007 o Verín CF desfrutou dos seus mellores anos. Na 2003/04 quedou no 4º lugar da terceira división e conseguiu meterse na fase de ascenso á Segunda División B, sendo eliminado na primeira rolda.
Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, ata consumar o descenso á categoría provincial en xuño de 2013.
Temporadas disputadas nas distintas categorías
- Terceira División 10.
- División Preferente Autonómica: 16.
- División Primera Autonómica: 17.
NotaseditarVéxase taméneditarBibliografíaeditar
Ligazóns externaseditar
|