Valamiro
Valamiro ou Valamir, nado no 420 e finado no 465, foi rei dos ostrogodos, da dinastía dos Amalos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 420 (Gregoriano) Pannonia, Roma Antiga (en) |
Morte | c. 465 (44/45 anos) Pannonia, Imperio Romano |
Causa da morte | caída de cabalo |
Rei dos ostrogodos | |
447 – 465 ← Vandalario – Teodomiro → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Familia | Amalos |
Pai | Vandalario |
Irmáns | Videmiro Teodomiro |
Descrito pola fonte | Encyclopedic Lexicon (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarEra fillo de Vandalario e sobriño do rei visigodo Turismundo. Como vasalo de Atila participou nas conquistas das terras romanas do Danubio. Nunha destas rexións, a Panonia, instalouse en 447. Participou ao lado de Atila na batalla dos Campos Cataláunicos, pero a derrota convenceuno para rebelarse contra os hunos. Coa morte de Atila en 453 converteuse no rei dos godos instalados na Panonia, título e poder que compartiu cos seus irmáns Teodomiro e Videmiro. Un ano despois (454), venceron aos hunos na Batalla de Nedao, converténdose nun reino independente.
Unha disputa concernente a uns impostos anuais levou a Valamiro a dirixir un exército de godos contra Constantinopla (459 – 462), onde o emperador bizantino León I lle prometeu un pago anual en ouro para satisfacelo. No transcurso dunha razzia contra os esciros, Valamiro caeu do cabalo e morreu (465). A través do seu irmán Teodomiro era tío de Teodorico I o Grande.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Heather, Peter (2005). The Fall of the Roman Empire. A new history. (en inglés). Londres: Macmillan. ISBN 0-333-98914-7.
- Wolfram, Herwig (1990). History of the Goths (en inglés). Berkeley / Os Ánxeles / Londres: University of California Press. ISBN 9780520069831.