Vaixela

conxunto de pratos, fontes e demais recipientes que se empregan para servir a mesa

A vaixela é o conxunto de utensilios que se empregan para o servizo da mesa, é dicir, trasladar, servir e permitir inxerir a comida.

Vaixela.

Compoñentes

editar

Os compoñentes da vaixela son os pratos, os vasos e as fontes, realizados habitualmente en materiais cerámicos coma a louza ou a porcelana, tamén en vidro e, máis raramente, en metal, plástico ou madeira. Ás veces tamén os cubertos, realizados case sempre en metal (aceiro inoxidábel), son considerados parte da vaixela, mais en realidade pertencen ao xogo de cubertos.

Pratos

editar

A vaixela contén no seu formato máis simple os seguintes pratos:

  • Pratos fondos - ideais para servir líquidos (caldos, sopas) ou alimentos fluídos (potaxes, cocidos)
  • Pratos chans - ideais para servir pratos máis lixeiros e pouco cargados
  • Pratos de sobremesa - ideais para servir porcións pequenas.

Complementos

editar

A eles engádense numerosos elementos complementarios segundo o tamaño da vaixela:

As vaixelas pódense adquirir en diversas cores e formatos, se ben as cores branca e beige considéranse sobrias e elegantes. Por outra parte, están moi estendidos os pratos brancos con cenefas decorativas exteriores.