Vía JAK-STAT

(Redirección desde «Vía Jak-STAT»)

A vía JAK-STAT ou vía de sinalización JAK-STAT transmite información procedente de sinais químicos extracelulares ao núcleo celular, o que ten como resultado a transcrición do ADN e a expresión de xenes implicados na inmunidade, proliferación celular, diferenciación celular, apoptose e oncoxénese. A fervenza de sinalización JAK-STAT consta de tres compoñentes principais: un receptor da superficie celular, unha quinase Xano (JAK, Janus kinase) e dúas proteínas "transdutoras de sinais e activadoras da transcrición" (STAT, do inglés Signal Transduction Activator of Transcription).[1] A alteración ou desregulación da funcionalidade da vía JAK-STAT pode orixinar síndromes de deficiencia inmunitaria e cancros.[1]

Mecanismo

editar
 
Pasos clave da vía JAK-STAT.

A unión de varios ligandos, xeralmente citocinas, como o interferón, interleucina e factores de crecemento a receptores da superficie celular, activa as JAK asociadas a eles, incrementando a súa actividade de quinase.[2] Despois, as JAK activadas fosforilan residuos de tirosina no receptor, creando sitios de unión para proteínas que posúan o dominio SH2. As STAT que conteñen o dominio SH2 son recrutadas ao receptor onde son tamén fosforiladas na tirosina polas JAK. Estas STAT activadas forman hetero- ou homodímeros e trasládanse ao núcleo celular, onde inducen a transcrición de xenes diana.[3] As STAT poden tamén ser fosforiladas directamente polas receptor tirosina quinases, como o receptor do factor de crcemento epidérmico, e tamén por non-receptor (citoplásmicas) tirosina quinases como c-src.

A vía está regulada negativamente a múltiples niveis. As proteína tirosina fosfatases eliminan os fosfatos dos receptores de citocinas e STAT activadas.[3] Identificáronse máis recentemente supresores da sinalización de citocinas (SOCS) que inhiben a fosforilación das STAT ao unirse e inhibir as JAK ou competir coas STAT polos sitios de unión de fosfotirosina dos receptores de citocinas.[4] As STATs son tamén reguladas negativamente polos inhibidores proteicos das STAT activadas (PIAS), que actúan no núcleo a través de varios mecanismos.[5] Por exemplo, PIAS1 e PIAS3 inhiben a activación transcricional por STAT1 e STAT3, respectivamente, ao unirse e bloquear o acceso ás secuencias de ADN que elas recoñecen.

  1. 1,0 1,1 Aaronson DS, Horvath CM (May 2002). "A road map for those who don't know JAK-STAT". Science 296 (5573): 1653–5. PMID 12040185. doi:10.1126/science.1071545. 
  2. Brooks, Andrew (2014). "Mechanism of activation of protein kinase JAK2 by the growth hormone receptor". Science 344 (6185): 1249783. PMID 24833397. doi:10.1126/science.1249783. 
  3. 3,0 3,1 Hebenstreit D, Horejs-Hoeck J, Duschl A (2005). "JAK/STAT-dependent gene regulation by cytokines". Drug News Perspect 18 (4): 243–249. PMID 16034480. doi:10.1358/dnp.2005.18.4.908658. 16034480. 
  4. Krebs DL, Hilton DJ (2001). "SOCS proteins: negative regulators of cytokine signaling". Stem Cells 19 (5): 378–87. PMID 11553846. doi:10.1634/stemcells.19-5-378. 
  5. Shuai K (2006). "Regulation of cytokine signaling pathways by PIAS proteins". Cell Research 16 (2): 196–202. PMID 16474434. doi:10.1038/sj.cr.7310027. 16474434. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar