-
O 6 de xuño de 2013 aprobouse a fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Iso implica unha gran cantidade de cambios nunha enciclopedia, nunha comunidade na que había 315 concellos agora hai 314!
Este cambio afectou a tódolos artigos relacionados con eses concellos pero tamén a moitos artigos que falaban sobre os concellos de Galicia. Ademais tamén afectou á clasificación das fotografías e outros detalles.
En resumo: moito choio! :)
Por esta razón un grupo de usuarios coordinouse para acometer as tarefas, facendo que o cambio fose o máis rápido posible e o que é máis importante: atopando entre todos os problemas que este cambio implicaba e colaborando na busca de solucións.
|