Urco Editora

editorial galega

Urco Editora é unha empresa editorial galega con sede en Santiago de Compostela que comezou a súa andaina en 2007[1] publicando literatura de fantasía, ciencia ficción, tanto traducida como escrita orixinalmente en galego.

Urco Editora

Editar o valor en Wikidata
TipoEditora
Fundación2007
LocalizaciónSantiago de Compostela
Na rede
http://urcoeditora.com/
Facebook: urcoeditora Twitter: urcoeditora Instagram: urcoeditora Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

editar

Ten publicado títulos como Unha viaxe á Lúa de George Tucker ou O castelo de Otranto de Horace Walpole, entre outros. Distribuíu os seus libros a través da Distribuidora Pragma.[2] e máis tarde polo Consorcio Editorial Galego[3]. Tomás González e Rodrigo Vizcaíno[4] foron os máximos responsábeis da empresa durante a primeira etapa, namentres que David Cortizo Conde[5] e Andrea Jamardo foron as cabezas visíbeis na etapa posterior, durante a cal se lle concedeu un maior peso á literatura infantil e xuvenil fronte á literatura traducida que caracteriza os primeiros anos de produción editorial[6].

A editorial organiza dende 2015 o Premio Antón Risco de literatura fantástica.

  1. "Sobre nós", na páxina web da editorial.
  2. Nova distribuídora editorial en Galicia, Galiciaconfidencial, 31 de maio de 2011.
  3. Puntos de venda na páxina web da editorial.
  4. Entrevista con Rodrigo Vizcaíno en La Voz de Galicia.
  5. Hai moitos lectores que podemos gañar para os libros en galego, entrevista a Cortizo en Biosbardia o 19 de xaneiro de 2015.
  6. Á literatura galega non lle queda outra que estar na vangarda, entrevista a Cortizo no Diario de Pontevedra, 11 de marzo de 2018.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar