University College London


A University College London (UCL) é a universidade pública máis antiga e grande da Universidade Federal de Londres. Fundada en 1826, a UCL foi a primeira institución universitaria totalmente laica en Inglaterra, admitindo estudantes con independencia da súa relixión e mulleres en iguais condicións ós homes.

University College London
Datos xerais
Fundación1826
Datos actuais
Datos de contacto
Páxina webucl.ac.uk
Facebook: uclofficial Twitter: ucl Instagram: ucl BNE: XX83823 Dialnet: 2956852 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A pesar de non ter relación directa coa súa fundación, o filósofo Jeremy Bentham é considerado o pai da UCL, pois as súas ideas radicais sobre educación e sociedade foron a inspiración dos seus fundadores. A UCL foi unha das dúas universidades fundadoras da University of London en 1836. Desde entón ten crecido a través de fusións, incluídas a do Institute of Neurology en 1997, a Royal Free Hospital Medical School en 1998, o Eastman Dental Institute en 1999, a School of Slavonic and East European Studies en 1999 e a School of Pharmacy en 2012.

O principal campus da UCL está en Bloomsbury, no centro de Londres, tendo institutos e hospitais universitarios noutras áreas do centro e campus satélites en Adelaida, Australia, Doha, Qatar... A UCL está organizada en dez facultades dentro das que hai máis de cen departamentos, institutos e centros de investigación. Ten arredor de 26 700 estudantes, 11 025 empregados e tivo uns ingresos totais de 937 millóns de libras en 2012/13, dos que 335 millóns foron en bolsas de investigación e contratos. A UCL ten máis ou menos 4000 membros académicos e investigadores, e 650 profesores titulares, o maior número das universidades británicas. É responsable de varios museos e coleccións nun campo amplo de artes e ciencias, incluíndo o Petrie Museum of Egyptian Archaeology, unha colección líder de arqueoloxía exipcia e sudanesa.

A UCL está considerada unha das universidades máis prestixiosas do mundo: no período de 1999 a 2009 foi a décimo terceira universidade máis citada no mundo e a máis citada de Europa. Ten 27 premios Nobel e 3 Field Medalists entre os seus alumnos e actuais e anteriores colaboradores. Os estudantes da UCL inclúen o Father of the Nation da India, Quenia e Mauricio, o inventor do teléfono e un dos descubridores da estrutura do ADN. Os cinco gases nobres naturais foron descubertos na UCL por William Ramsay.

A UCL forma parte de tres dos once centros de investigación biomédica do NHS en Inglaterra e é membro fundador do Francis Crick Institute, o maior centro académico de ciencias da saúde do mundo. A UCL mantén centos de acordos de investigación e ensino, incluíndo unha alianza estratéxica co Institute of Education e unha extensa colaboración coa Yale University. A UCL é membro da Association of Commonwealth Universities, a European University Association a European Network for Training Economic Research, a G5, a League of European Research Universities, o Russell Group, SES-5, UNICA, a Universities Research Association e Universities UK. Forma parte do triangulo de ouro das universidades británicas.