Universidade de Xenebra
A Universidade de Xenebra (Université de Genève) é unha universidade pública suíza localizada en Xenebra. É membro do Grupo Coimbra, así como da Liga de Universidades de Investigación Europeas (LERU), da Asociación de Universidades Europeas AUE) e do International Forum of Public Universities (IFPU).
Universidade de Xenebra | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarFundouna Jean Calvin (Calvino) en 1559. Inicialmente foi un seminario teolóxico, onde tamén se ensinaba Dereito. Seguiu sendo marcadamente teolóxica durante o século XVII, cando comezaron a agregarse outras disciplinas, mentres se convertía nun centro para a Ilustración erudita.
En 1873 cesaron as súas connotacións relixiosas, co cal adquiriu o carácter secular. Hoxe desempeña un papel líder en moitos campos, e a súa localización en Xenebra dálle unha situación privilexiada para os estudos en asuntos diplomáticos e internacionais. Así mesmo, considérase como unha das universidades de vangarda en temas de investigación en Europa, pois ten realizado notábeis descubrimentos na área de Ciencias da Terra, e tamén en Xenética, entre outros campos.
Facultades
editarA Universidade de Xenebra conta con 9 Facultades e Escolas Universitarias:
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Medicina
- Facultade de Artes
- Facultade de Xurisprudencia
- Facultade de Teoloxía (protestante)
- Facultade de Filosofía e Educación
- Facultade de Tradución e Interpretación
- Escola de Xenebra para estudos económicos e administración
- Escola de Xenebra para estudos sociais
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Xenebra |