Unión dos Traballadores da Banca de Galiza
sindicato galego
A Unión dos Traballadores da Banca de Galiza (UTBG) foi un sindicato nacionalista e de clase fundado no ano 1976 pola UPG.
Unión dos Traballadores da Banca de Galiza | |
---|---|
Tipo | sindicato |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | 1976 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarTiña como campo de actuación o sector financeiro, dentro dunha estratexia para burlar a restritiva lexislación posfranquista que impedía a creación de sindicatos de clase. O seu voceiro era O Peto. A súa primeira secretaria xeral foi Fernanda Padín Ogando. En maio do 1977 unificouse con outros sindicatos sectoriais para crear a ING aproveitando a aprobación da "Lei de regulación do dereito a asociación sindical". É a predecesora da actual Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG.