Universidade de Santiago de Compostela

universidade pública galega con sede en Santiago de Compostela
(Redirección desde «USC»)

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) é unha institución universitaria con sede en Santiago de Compostela. As súas orixes datan de finais do século XV, sendo a primeira universidade fundada en Galiza e a sexta en España. Porén, non hai unanimidade nas datas de fundación das universidades españolas. Uns consideran a fundación como o momento no que se instauran algún tipo de estudos, segundo este criterio a USC fúndase en 1495, o que a converte na sexta universidade española máis antiga despois das de Salamanca, Complutense, Valladolid, Barcelona e Zaragoza.[2] Outros toman como data fundacional o ano en que é recoñecida pola Igrexa ou algunha autoridade civil, de acordo con este criterio a USC foi fundada en 1504 pero continúa sendo a sexta máis antiga de España gañando en antigüidade á de Zaragoza mais perdéndoa coa de Valencia.[3]

Universidade de Santiago de Compostela
Colexio de Fonseca
Datos xerais
LocalizaciónSantiago de Compostela
Datos actuais
ReitorAntonio López Díaz
Alumnos28.138 (Curso 2011-2012)[1]
Datos de contacto
EnderezoColexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782. Santiago de Compostela
Páxina webwww.usc.gal
Facebook: UniversidadeUSC Twitter: UniversidadeUSC Instagram: universidade_usc Youtube: UCnHP-7XEnu4bm7ADxmRKK9A BNE: XX141593 Dialnet: 3110387 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

En 1990 a partir da Universidade de Santiago creáronse as Universidades da Coruña e de Vigo. No ano 2012 contaba con dous campus universitarios (Campus de Santiago -dividido en Histórico, Norte e Sur-, e Campus de Lugo) cun total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores.[4]

Durante o curso 2011-12 o número de estudantes matriculados ascendía a 28.138, dos cales 24.758 correspondían a titulacións oficiais do 1º e 2º ciclos e grao, 1.677 a másteres oficiais e 1.703[5] a outros estudos (titulacións e másteres propios, cursos de especialización, cursos de formación continua e 4º ciclo).[1]

En abril de 2018 foi elixido reitor o xurista Antonio López.

Historia

editar
 
Entrada principal do Colexio de San Xerome, sede do reitorado.

A finais do século XV o notario e rexedor compostelán Lopo Gómez de Marzoa promoveu a creación en Santiago dun Colexio de Estudantes Pobres, motivo polo cal se dirixiu ao abade do bieito mosteiro de San Martiño Pinario frei Juan de Melgar na procura do seu apoio.

Deste xeito o 4 de setembro de 1495 outorgáronse as escrituras de doazón (a dos relixiosos en castelán e a do notario en galego) nas que se fixaron as contribucións económicas que debían as partes para a fundación. Os de San Martiño doaron como sede o convento de San Paio, agás a igrexa, e o notario doou bens por un valor total de 50.000 marabedís de renda anual.

Pero este estudio de San Paio tivo unha vida moi curta xa que o 18 de xullo de 1499 os relixiosos, en capítulo presidido polo prior xeral e reformador xeral da orde de San Bieito para o Reino de Galiza, acordaron anular o contrato e instalar en San Paio ás monxas bieitas de Galiza.

O Estudio Vello[7]

editar

O 17 de xullo de 1501 de novo Lopo Gómez de Marzoa xunto con Diego de Muros II, bispo das Canarias, e Diego de Muros III, deán de Santiago, fixeron unha segunda fundación, na que configuraron un Estudio Xeral coa súa propia normativa e a súa sede nunha casa da Rúa Nova onde se impartiron clases de gramática e unha cátedra de Canons. No ano 1504 unha bula do papa Xulio II confirma a fundación do devandito estudio. Este estudio foi absorbido polo Colexio de Santiago Alfeo no ano 1542, tras o pasamento do seu único catedrático Pedro de Victoria, considerado primeiro reitor da Universidade de Santiago[8].

A fundación de Alonso III de Fonseca

editar
 
Estatua de Alonso III de Fonseca no claustro do Colexio de Santiago Alfeo, obra de Ramón Conde.

No ano 1522 Alonso de Fonseca comeza a xestionar a creación dun Colexio Novo, ao que denominaría de Santiago Alfeo, que foi aprobado por medio dunha bula do papa Clemente VII o 15 de marzo de 1526 outorgándolle os mesmos privilexios que o colexio fundado polo cardeal Cisneros en Alcalá de Henares.

Fixou o proxecto no seu testamento de 1531, incluíndo a dotación ós executores e ó proxecto de construción, pero á súa morte no ano 1534 aínda non se puxera en marcha. Nos anos 1551 e 1552 algúns testamenteiros reuníronse co patrón do colexio, o conde de Monterrei, co obxecto de pór en marcha o colexio. O edificio xa estaba feito pero carecían da normativa organizativa, polo que chegaron a valorar a entrega da institución aos xesuítas para que fosen eles os que a organizasen. Finalmente, o 25 de outubro de 1553 promulgaron as primeiras ordenanzas, pero estas non chegaron a aplicarse. Xa había tempo que o Colexio de Santiago Alfeo estaba construído nos terreos doados polo propio Fonseca do solar familiar na Rúa do Franco.

As reformas de Cuesta e Portocarrero

editar

As liortas entre os partidarios de entregar a institución aos xesuítas, principalmente o arcebispo Xoán Álvarez de Toledo, e os testamenteiros fixo que o cabido recorrese á arbitraxe de Filipe II. Este, por medio da provisión real do 26 de xuño de 1555, encomendoulle ao doutor Andrés Cuesta o estudio e reorganización do colexio. Seguindo a encomenda organizou o Colexio de Santiago Alfeo diferenciándoo da propia Universidade. Só os colexiais do devandito colexio podían obter os graos académicos tendo que esperar á consolidación definitiva ata o 10 de decembro de 1567, cando o Consello Real estableceu as gradacións da Universidade de Santiago de Compostela. A coroa foi desde entón o principal patrón da institución.

No ano 1577 solicitouse de novo a intervención da Coroa para reformar os estatutos da universidade. A consecuencia foi a visita de Pedro Portocarrero e a posterior aprobación da súa reforma en outubro de 1588. Nela especificábanse mais polo miúdo as competencias e funcións dos diferentes órganos e establecíase a residencia para teólogos e xuristas no colexio maior de Santiago Alfeo e a dos artistas no de San Xerome, deixándolle a ensinanza da Gramática á Compañía de Xesús.

Ao longo do século XVI chegaron durante varios cursos aos 3.000 estudantes, que procedían principalmente de Galiza e Asturias.

No século XVII consolidouse coa incorporación das facultades de Leis e Medicina ás xa existentes de Artes, Teoloxía e Canons, e contou con ata cinco colexios: o de Santiago Alfeo, o de San Xerome, o de San Clemente, o de San Patricio dos Irlandeses e o efémero de San Salvador. A fins deste século non chegaba a 300 o número de estudantes.

A Universidade Ilustrada[9]

editar
 
Retrato feito por Goya de Carlos III, quen nomea rexia á Universidade de Santiago (Museo do Prado).

Durante a maior parte do Antigo Réxime a universidade galega vai permanecer cinguida nos seus moldes escolásticos e tradicionais, inmune aos aires renovadores da Ilustración que influíron, aínda que levemente, noutras universidades españolas. O colexio maior de Santiago Alfeo ou de Fonseca, reduto das principais familias do reino, exercía un control case absoluto na adxudicación das cátedras (entre 1685 e 1748 coparon o 74% delas). Mesmo chegouse a abandonar a cátedra de Matemáticas, fundada en tempos de Filipe II, por considerar o ensino desta disciplina perigoso e inútil.

A pesar de todo, o século XVIII trae a Compostela tímidos aires renovadores. A raíz dun informe sobre a situación da universidade de Santiago, presentado en 1747 polo xesuíta Carral, prodúcense algúns cambios que limitan o poder dos colexios maiores (fiscalízanse as súas contas e redúcese o seu poder no claustro) e completan o proceso de secularización da institución ao afastala do control eclesiástico.

Pouco despois, en 1751, Carlos III, promulga as Providencias Reais polas cales a Universidade de Santiago de Compostela é nomeada rexia e engade ao seu escudo a coroa real sobre as armas dos reinos de Castela, León e Galiza e xunto aos emblemas heráldicos dos seus fundadores. O máis salientable destas Providencias no aspecto académico é a instauración das ensinanzas de Anatomía e Matemáticas, debendo rexerse ambas as dúas polos novos criterios experimentais.

O 2 de abril de 1767 o rei Carlos III asina o decreto de expulsión dos xesuítas. O patrimonio desta orde en Santiago de Compostela pasaba por mandato real á Universidade e constituía o centro da nova universidade ilustrada. Recuperábanse tamén disciplinas cedidas a ordes relixiosas.

En 1772, ao amparo do reformismo universitario impulsado desde Madrid por Campomanes, o claustro compostelán solicita a creación dunha cátedra de Física experimental, aínda que terá que esperar algúns anos para a súa instauración definitiva.

Século XIX[10]

editar
 
Placa en lembranza do Batallón Literario na praza da Quintana de Santiago de Compostela.

Comeza o século XIX con aires renovadores. En 1807 promúlgase o Plan Xeral de Universidades, coñecido como Plan Caballero, por ser José Antonio Caballero, ministro de Graza e Xustiza, o seu impulsor. Este plan pretendía unha maior uniformidade no ensino de todas as universidades españolas desbotando algunhas ensinanzas anacrónicas. En Santiago de Compostela o Plan Caballero provocou acaloradas discusións entre quen o rexeitaba, como Teoloxía e Leis, e quen o apoiaba, como Artes. Finalmente a universidade acatou o plan, mais non tivo tempo de aplicalo inmediatamente por mor da invasión francesa.

A guerra da Independencia tivo unha fonda repercusión na vida universitaria. En 1808 a Universidade de Santiago quedou practicamente baleira de estudantes que se incorporaron ao Batallón Literario. Aínda así non se suspenderon as clases que continuaron até xaneiro de 1809, cando entran os franceses na cidade e ocupan as dependencias universitarias, o que provoca o peche da universidade. Os órganos de goberno continúan reuníndose noutras dependencias pero cando en xuño de 1809 son expulsados os franceses, non foi posible retomar a vida académica, non só porque a maioría dos estudantes estaban na fronte, senón tamén pola ruinosa situación en que quedaran as dependencias universitarias. Cando en 1810 estaba todo preparado para a reapertura, unha lei promulgada polo Consello Supremo de Rexencia suspendía o ensino de todas as materias que non tiveran por obxecto a guerra e calquera inmediata relación con ela. Ademais en Santiago correuse o rumor de que o goberno quería pechar definitivamente a Universidade de Santiago por acusala inxustamente de afrancesada. Foi necesario enviar a Cádiz, onde estaban as Cortes e o Consello Supremo de Rexencia, ao catedrático e encargado da biblioteca universitaria, Joaquín Patiño, quen foi informado de non teren fundamento os rumores de peche, conseguindo que se reabrise a universidade en 1811.

Aproveitando a restauración do absolutismo por Fernando VII, os sectores conservadores da universidade fixeron presión sobre o claustro para solicitar ao monarca a volta ao plan de 1772, que o rei concede o 14 de setembro de 1818.

Durante o Trienio liberal promulgouse un novo Regulamento Xeral de Instrución Pública en 1821, que apenas entrou en vigor. Nel recollíanse os catro dogmas liberais: uniformidade, gratuidade, liberdade e publicidade.

A volta ao conservadorismo veu co Plan Calomarde de 1824, chamado así por Tadeo Calomarde, o ministro de Graza e Xustiza que o sancionou; aínda que o principal redactor foi o freire mercedario galego Manuel Martínez Ferro. O Plan Calomarde caracterizábase polo seu centralismo, o control ideolóxico e político, a defensa da ortodoxia, e a tutela represora sobre alumnado e profesorado. En Compostela foi acatado sen discusión, sendo dunha gran pobreza intelectual os informes redactados, que contrastan chamativamente cos redactados para o plan de 1807. Isto non é de estrañar dada a depuración que se fixo na universidade despois da fin do Trienio liberal.

A universidade compostelá volve a ser pechada de novo o 15 de outubro de 1830 mediante un simple oficio firmado polo propio Calomarde. A universidade galega non foi a única en ser pechada sen explicacións; o motivo máis probable foi o receo de Fernando VII a un rexurdir liberal. Cando toma o poder a raíña María Cristina por enfermidade de Fernando VII, unha das primeiras medidas que toma é a reapertura das universidades pechadas, que fai por decreto o 7 de outubro de 1832.

Os plans de estudos vanse sucedendo sen case dar tempo de aplicalos, así fanse plans de estudos nos anos 1836, 1845, 1847 e 1850, amais dalgunhas reformas parciais. Chégase así á promulgación en 1857 da Lei Moyano, do entón ministro de Fomento, Claudio Moyano. Esta lei estableceu a estrutura do sistema educativo español, baseado nos conceptos da nación española, a monarquía e a igrexa católica. Algunhas consecuencias para a universidade de Santiago da aplicación da Ley Moyano foron a reimplantación da Facultade de Filosofía e Letras e a definitiva separación destes estudos dos científicos coa creación da Facultade de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.

Na segunda metade do século prodúcese o Rexurdimento da cultura galega. A universidade galega é un dos focos deste movemento, persoeiros como Xoán Manuel Pintos, Francisco Añón, Manuel Murguía ou Valentín Lamas Carvajal estudaron en Compostela.

A partir de 1877 e durante máis de 30 anos, a universidade de Santiago tivo un representante no Senado de España. Cinco foron os senadores da universidade: Juan José Viñas (non chegou a tomar posesión), José Montero Ríos, Maximino Teijeiro Fernández, Francisco Romero Blanco e Eduardo Hinojosa.

Séculos XX e XXI[11]

editar
 
Edificio do Colexio de Veterinaria da Universidade de Santiago (na actualidade sede do Parlamento de Galiza).

Nos primeiros anos do século XX a universidade conta coa presenza nas súas aulas de figuras senlleiras do galeguismo, sendo testemuña da consolidación do rexurdimento cultural de Galiza iniciado o século anterior. Así mesmo experimenta un pulo notable a ciencia, coa chegada a Compostela das novas correntes de pensamento científico.

O número de carreiras e de estudantes increméntase significativamente. Tamén ten lugar no ano 1913 a incorporación da muller aos estudos universitarios, sendo as pioneiras en Galiza Elisa e Jimena Fernández de la Vega, que obtiveron o premio extraordinario de medicina no ano 1919.

A vida estudantil na Compostela da época é recreada por Alejandro Pérez Lugín na súa coñecida obra La casa de la Troya, publicada en 1915.

O incremento de carreiras e estudantes fai necesaria unha maior dotación de infraestruturas. Así, constrúense os edificios do Colexio de Veterinaria (actual Parlamento de Galiza), do Colexio de Xordomudos (sede actual da Xunta de Galiza), e da Facultade de Medicina; tamén se amplía o edificio da universidade (actual Facultade de Xeografía e Historia). Na década de 1930 acométese o proxecto da Residencia Universitaria. O fondo bibliográfico da Biblioteca Universitaria vese incrementado notablemente con doazóns importantes como foi a da Biblioteca América.

O século XX tamén é o do comezo das relacións da universidade con outras estranxeiras, inicialmente con universidades portuguesas.

 
Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia.

O afán modernizador da universidade compostelá truncouse dun xeito radical coa sublevación do 18 de xullo de 1936 contra o goberno da República. A diferenza doutras cidades galegas onde a resistencia á rebelión estivo na clase obreira, na burguesía liberal, ou nos mandos intermedios da armada e do exército, en Santiago a oposición aos sublevados partiu dos estudantes e profesores universitarios. O triunfo dos sublevados trouxo, xa que logo, o peche da universidade[12] e logo da súa apertura no curso 1939-1940[Cómpre referencia] unha depuración dos estamentos universitarios coa imposición dun novo reitor e de normas doutrinarias como rezar ao comezo e ao remate de cada clase.

Durante a última etapa do franquismo converteuse nun foco de loita contra o réxime, sobre todo a partir de 1966, e máis aínda despois do maio do 68 francés[13]. O ano 1972 foi prolixo en folgas universitarias; nunha delas,no mes de decembro, a represión policial tivo como consecuencia a morte dun estudante[14].

En 1995, co gallo do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela, a universidade organizou unha grande exposición denominada Gallaecia Fulget. O título da exposición provén das palabras que o profesor Álvaro de Cadaval fixo gravar en 1544 no friso do claustro do Colexio de Santiago Alfeo para salientar o brillo que para Galiza significaba a súa Universidade[15]. A exposición constituía un percorrido por tódolos aspectos universitarios deses 500 anos: patrimonio, profesores, estudantes, vida académica, costumes, estudos etc. O grupo Milladoiro foi o encargado de poñerlle música, para o cal compuxeron un álbum co mesmo título ca exposición. A TVG sumouse ao acontecemento coa emisión dun documental de 9 capítulos de 30 minutos cada un, tamén de título Gallaecia Fulget.[16]

Nos primeiros anos do século XXI vivíronse novos episodios de mobilizacións estudantís. O maior deles viviuse entre novembro de 2001 e febreiro de 2002 en contra da Lei Orgánica de Universidades (LOU)[17], aprobada no Congreso dos Deputados o 6 de decembro de 2001. O estudantado valíase das asembleas de facultade, á súa vez organizadas na Coordenadora Galega por Unha Universidade Pública e de Calidade. A cidade foi un dos epicentros do movemento a nivel estatal, destacando especialmente polo carácter lúdico e paródico das actividades[18], que tentaban achegar á cidadanía o carácter privatizador e excluínte da lei[19].

O movemento do "Non á LOU" deu pé á organización asemblearia en posteriores mobilizacións, como contra a marea negra do Prestige ("Nunca Máis", novembro 2002), contra a guerra de Iraq ("Non á guerra", 2004), contra o G-8, contra o Espazo Europeo de Educación Superior ("Plan Boloña") e contra a LOMCE (outono de 2013)[20].

No ano 2009 o Ministerio de Educación escolleu o proxecto Campus Vida da USC para formar parte, xunto con oito máis do estado español, dos Campus de Excelencia Internacional, a contribución española ao Programa Europeo de Excelencia Internacional que en 2010 contaba con proxectos de tan só catro países (Alemaña, España, Francia e o Reino Unido)[21]. En 2012 pretendíase crear outro Campus de Excelencia no Campus de Lugo co nome de Campus Terra, e deter a preocupante redución de estudantes.

Evolución da poboación estudante en Compostela

editar

Datos da poboación universitaria de Santiago de Compostela en diversos cursos do século XX[22]:

1900-1901 1909-1910 1921-1922 1931-1932 1935-1936 1945-1946 1955-1956 1960-1961
1.565 1.053 1.097 2.103 2.183 2.764 3.146 3.250

En 1900 era a 3ª universidade española con máis alumnado matriculado, cunha poboación de 1.565 estudantes sobre un total de 16.273 no estado.

Nos anos 60 tiña unha media de 3.000 alumnos matriculados. Vinte anos despois a matrícula incrementouse considerablemente chegando ata os 40.000, cifra que se mantivo aproximadamente até o ano 2000, baixando paulatinamente nos anos posteriores.

Administración e organización

editar

A Universidade de Santiago de Compostela é unha Universidade Pública financiada polo Ministerio de Educación e a Consellería de Educación da Xunta de Galiza.

Goberno

editar

A USC está gobernada por dous corpos: o Consello de Dirección e os Órganos de Goberno Colexiados.

O Consello de Dirección está formado polo:

Os Órganos de Goberno son:

Amais destes tres órganos de goberno, cada centro docente ten os seus, presididos polo decano nas facultades e o director nas escolas.

Reitorado

editar

O reitor é a máxima autoridade académica e ostenta a representación da institución. Nos primeiros séculos era elixido cada ano o día de san Lucas (18 de outubro) polos membros do claustro, estando establecido que tiñan que elixir a un cóengo ou dignidade do cabido catedralicio de Santiago. Non era un cargo moi disputado pois a maioría das veces os reitores non eran profesores da universidade e a duración do mandato dun ano antollábase curta para adaptarse ás funcións do cargo. Na práctica era o claustro o que gobernaba a universidade.

A partir de 1751, Diego Juan de Ulloa reforma profundamente a universidade de Santiago, conseguindo que o reitor non sexa elixido polo claustro, senón que era designado por El-Rei dunha terna que lle presentaba aquel. Mantense a condición de ser cóengo para ser reitor e amplíase o seu mandato a tres anos.

En 1807 desaparece o privilexio que tiña a igrexa: aínda que un membro do Cabido catedralicio podía ser elixido reitor, xa non era unha condición obrigatoria. Así mesmo, o claustro volve a ser quen o designa e o mandato establécese en dous anos.

Unha nova reforma de 1824 dálle máis poder ao reitor volvéndose á designación real por un período de tres anos. O reitor ven a ser como o representante real na universidade. A pesar do maior poder reitoral, segue a ser un cargo pouco atractivo por estar o claustro moi politizado, dividido en bandos, que facía moi difícil o goberno. Ademais o salario era escaso: en 1825 tiña unha retribución de 800 reais, mentres que un bedel cobraba 5.000 reais[23].

Durante o século XX prodúcense novas reformas na elección do reitor segundo se van sucedendo os distintos réximes políticos. Coa chegada da democracia nas derradeiras décadas do século, establécese a elección por sufraxio universal ponderado entre todos os membros da comunidade educativa. Actualmente o mandato é de catro anos.

Os últimos reitores foron, de 1984 até 1990, o físico Carlos Pajares Vales. Sucedeuno Ramón Villares, reitor entre 1990 e 1994. O lingüista Darío Villanueva foino até o 2002, cando foi substituído por Senén Barro Ameneiro. En maio de 2010 foi elixido como novo reitor Juan Casares Long[24], logo de vencer na segunda volta das eleccións. En abril de 2014 accedeu ao reitorado o matemático Juan Viaño, quen venceu por unha escasa marxe de votos[25]. En abril de 2018 gañou o xurista Antonio López Díaz, quen venceu ao anterior reitor con 3474 votos[26], revalidando o cargo en 2022[27].

Reitores da USC[28]
Século XVI[29]
Reitor Mandato
Pedro de Vitoria 1503-1534
Lope Sánchez de Ulloa 1534-1545
Simón Rodríguez 1545-1551
Pedro Maldonado de la Carrera 1551-1556
Rodrigo Rodríguez 1556-1559
Fernán González da Costa 1559-1560
Bernaldino Carmona 1560-1563
Vasco Rebellón 1563-1566
Juan Ruiz Durana 1566-1567
Pedro González 1567-1568
Juan Ruiz Durana 1568-1570
Pedro González 1570
Francisco de Avellaneda 1570-1571
Baltasar López Gallo 1571-1572
Reitor Mandato
Pedro González 1572-1573
Francisco de Avellaneda 1573-1574
Lope Sánchez de Ulloa 1574-1575
Antonio Cisneros[30] 1575-1576
Baltasar López Gallo 1576-1577
Juan Girón de Represa 1577-1578
Pedro García 1578-1579
Gerónimo Baltanás 1579-1580
Diego Suárez de Tangil 1580-1581
Gerónimo Baltanás 1581-1582
Pedro García 1582-1583
Pedro González 1583-1584
Hernando de Valdés 1584-1585
Pedro García 1585-1586
Reitor Mandato
Eliseo de las Alas 1586-1587
Rodrigo de Hevia 1587-1588
Pedro García 1588-1589
Diego Suárez de Tangil 1589-1590
Pedro García 1590-1591
Diego Suárez de Tangil 1591-1592
Antonio Rodríguez 1592-1593
Diego Suárez de Tangil 1593-1863
Alemparte Correa 1863-1595
Francisco Manuel 1595-1596
Juan de Lanzós y Andrade 1596-1597
Eliseo de las Alas 1597-1598
Dr. Aldana 1598-1599
Diego Suárez de Tangil 1599-1600
Século XVII[29]
Reitor Mandato
Luis Rodríguez de Castro 1600-1601
Diego Suárez de Tangil 1601-1602
Cristóbal Salinas de Medinilla 1602-1603
Francisco Villafañe 1603-1604
Gonzalo Barba de Figueroa 1604-1605
Lope de Mendoza y Sotomayor 1605-1606
Juan de Valcárcer 1606-1607
Alonso Vélez 1607-1608
Diego Bermúdez de Castro 1608-1609
Benito Méndez de Andrade 1609-1610
Diego de Zúñiga 1610-1611
Francisco Villafañe 1611-1612
Benito Méndez de Andrade 1612-1613
Diego de Zúñiga 1613-1614
Benito Méndez de Andrade 1614-1615
Jerónimo Zapata 1615-1616
Diego Sánchez de Somoza 1616-1617
Gaspar Abraldes Feijóo 1617-1618
Benito Méndez de Andrade 1618-1619
Jerónimo del Hoyo 1619-1620
Juan Rodríguez de Ponte y Andrade 1620-1621
Jerónimo Díaz de Balboa 1621-1622
Juan Rodríguez de Ponte y Andrade 1622-1623
Jerónimo Díaz de Balboa 1623-1624
Francisco Vázquez de Puga y Temes 1624-1625
Jerónimo Díaz de Balboa 1625-1626
Diego Sánchez de Somoza 1626-1627
Francisco de Hermosilla 1627-1628
Pedro Peralta 1628-1629
Juan Rodríguez de Ponte y Andrade 1629-1630
Gutierre Falcón de Pazos 1630-1631
Reitor Mandato
Gonzalo Taboada 1631-1632
Melchor Galos Abraldes 1632-1633
Pedro Pardo de Andrade 1633-1634
Pedro Fernández de Parga y Gayoso 1634-1635
Gutierre Falcón de Pazos 1635-1636
Juan Patiño de Parga 1636-1637
Gabriel de la Calle y Heredia 1637-1638
Juan de Prado y Gayoso 1638-1639
Gutierre Falcón de Pazos 1639-1640
Pedro Fernández de Parga y Gayoso 1640-1641
Pedro Pardo de Andrade 1641-1642
Juan de Prado y Gayoso 1642-1643
Agustín López Delgado 1643-1644
Alonso de la Peña y Rivas 1644-1645
Juan Alonso Rodríguez de León 1645-1646
Antonio Pillado y Luaces 1646-1647
Juan de Valcárcer Prado 1647-1648
Pedro Fernández de Parga y Gayoso 1648-1649
Juan Riquelme 1649-1652
Alonso de la Peña y Rivas 1652-1653
Pedro Fernández de Parga y Gayoso 1653
Bernardo Salcedo 1653-1654
Sancho de Arango Inclán y Valdés 1654-1655
Francisco de Seijas Losada 1655-1656
Jacinto de Boado y Montenegro 1656-1657
Francisco de Seijas Losada 1657-1658
Antonio Landíbar y Munzabala 1658-1659
Jacinto de Boado y Montenegro 1659-1660
Andrés Martínez de Loaysa 1660-1661
Juan de Aparicio Navarro 1661-1662
Reitor Mandato
Juan Riquelme 1662-1663
Jacinto de Boado y Montenegro 1663-1664
Alonso Martínez de la Vega 1664-1665
Juan Patiño Giance 1665-1666
Alonso Martínez de la Vega 1666-1667
José Martínez de la Vega 1667-1668
Francisco de Aguiar Seijas 1668-1669
Antonio Sánchez Ponte 1669-1670
Alonso Martínez de la Vega 1670-1671
Francisco Sanmamed de la Peña y Montaos 1671-1672
Alonso Martínez de la Vega 1672-1674
Francisco de Aguiar Seijas y Ulloa 1674-1675
Alonso Martínez de la Vega 1675-1677
Pedro de Navia y Mariño 1677-1679
Juan Guerra 1679-1680
Alonso Martínez de la Vega 1680-1681
Jacinto Caamaño 1681-1682
Alonso Martínez de la Vega 1682-1683
Juan Belo 1683-1684
Miguel de Montenegro y Ulloa 1684-1685
Felipe González Salgado 1685-1687
Manuel de Silva Basurto 1687-1688
Miguel de Montenegro y Ulloa 1688-1689
Manuel de Silva Basurto 1689-1690
Francisco Sanmamed de la Peña y Montaos 1690
José Varela de Basadre 1690-1691
Eliseo de Zúñiga Villamarín 1691-1694
Antonio Jacinto Fariña de la Concha 1694-1696
José Varela de Basadre 1696-1698
Andrés Espino 1698-1700
Século XVIII[29][31]
Reitor Mandato
Jacinto Somoza Caamaño 1700-1701
José Varela de Basadre 1701-1702
Gregorio Sanmamed 1702-1703
Antonio González Zaldívar 1703-1704
José Bermúdez 1704-1705
Juan Sánchez de Vaamonde 1705-1706
Miguel de Millara Montenegro 1706-1708
Manuel de Villanueva y Salazar 1708-1711
Manuel de Yanguas Morales 1711-1712
Diego Jacinto Romero de Moscoso 1712-1715
Pedro Freire de Andrade 1715-1717
Juan Antonio Varela Mariño 1717-1718
Reitor Mandato
Pedro Antonio Pose de Gesto 1718-1722
Lorenzo Bernardo de Moscoso y Romay 1722-1724
Lucas Antonio de la Torre 1724-1725
Lorenzo Bernardo de Moscoso y Romay 1725-1726
Juan de Bantiñán y Orgeiras 1726-1731
Benito Estévez de Castro 1731
Ambrosio Mallón 1731-1732
Agustín Vaamonde Valenzuela 1732-1734
Álvaro Froilán Romero Figueroa 1734-1738
Ignacio Carlos Osorio Omaya 1738-1742
Juan Francisco Vallo de Porras 1742-1744
Ignacio Carlos Osorio Omaya 1744-1745
Reitor Mandato
Jacinto Pereira de Leis 1745-1747
Gregorio Pose 1747-1750
Juan de Briongos 1750-1751
Diego Juan de Ulloa 1751-1752
Joaquín Antonio Sánchez Ferragudo 1752-1776[32]
Juan Serrano 1776-1781
Antonio Páramo y Somoza 1781-1786
José Vicente Piñeiro y Cancio 1786-1790
Andrés Rivera 1790-1793
Andrés Acuña y Malvar 1793-1799
Manuel Barros Figueroa 1799-1805
Século XIX[33][34]
Reitor Mandato
Juan Martínez Oliva 1805-1807
José Marina Valderrama y Barrio 1807-1809
Ramón Rey Pérez[35] 1809-1811
Gonzalo Becerra[36] 1812-1816
José Lamas Pardo 1816-1818
Fermín Martín Blanco 1818-1820
Manuel Antonio Raña 1820-1822
Manuel García Barros Figueroa 1822-1824
José Antonio Rivadeneira 1824-1827
José María Vázquez Troncoso 1827-1828
Pedro Martínez Losada 1828-1831
Francisco Cabrera Ron 1831-1833
Reitor Mandato
Diego Mosquera 1833-1835
Ramón Rey Pérez 1835-1837
Pedro Losada Rodríguez 1837-1839
Luis Pose Varela 1839-1843
Juan José Viñas Valduvieso 1843-1845
Rufo Rodríguez Valdespino 1845-1846
Juan José Viñas Valduvieso 1846-1855
Celestino Martínez del Río 1855-1856
Juan José Viñas Valduvieso 1856-1865
Simón Martín Sanz 1865-1866
Juan José Viñas Valduvieso 1866-1868
Reitor Mandato
José Montero Ríos 1868-1870
Casimiro Torre Castro 1870-1872
Antonio Casares Rodríguez 1872
Casimiro Torre Castro 1872-1873
Antonio Casares Rodríguez 1873-1888
Gerardo Jeremías Devesa 1888-1890
Jacobo Gil Villanueva 1890-1891
Francisco Romero Blanco 1891-1893
Maximino Teijeiro Fernández 1893-1896
Francisco Romero Blanco[37] 1896-1897
Maximino Teijeiro Fernández 1898-1900
Séculos XX e XXI[34]
Reitor Mandato
Francisco Romero Blanco 1900-1904
Jacobo Gil Villanueva 1904-1906
Cleto Troncoso Pequeño[38] 1906-1919
Lino Torre Sánchez-Somoza 1920-1921
Luis Blanco Rivero 1921-1930
Alejandro Rodríguez Cadarso[39] 1930-1933
Ricardo Montequi Díaz de Plaza 1934-1936
Luis Iglesias Iglesias 1936
Reitor Mandato
Pedro Pena Pérez 1936
Felipe Gil Casares 1936-1939
Carlos Ruiz del Castillo 1939-1942
Luis Legaz Lacambra 1942-1960
Ángel Jorge Echeverri 1960-1968
Manuel García Garrido 1968-1972
José Ramón Massaguer Fernández 1972-1974
Manuel Lucas Álvarez 1974-1975
Reitor Mandato
Pablo Sáez Pedrero 1975-1978
José María Suárez Núñez 1978-1984
Carlos Pajares Vales 1984-1990
Ramón Villares Paz 1990-1994
Darío Villanueva Prieto 1994-2002
Senén Barro Ameneiro 2002-2010
Juan Casares Long 2010-2014
Juan Manuel Viaño Rey 2014-2018
Antonio López Díaz 2018-


Facultades e escolas

editar
 
Facultade de Xeografía e Historia.
 
Fac. de CC. Económicas e Empresariais.
 
ETS de Enxeñaría.
 
Escola Univ. de Enfermaría de Lugo.

A USC ten un total de 23 facultades e 2 escolas técnicas superiores, amais de 3 escolas universitarias adscritas, 5 centros vinculados[4] e varios centros de apoio á docencia e á investigación:

Campus de Santiago

editar

Campus Histórico

editar

Campus Norte

editar

Campus Sur

editar

Campus de Lugo

editar

Outros centros vinculados

editar

As facultades e escolas mencionadas acollen preto de 80 departamentos, 16 institutos universitarios[41], máis de 60 titulacións e máis dun cento de programas de máster e doutoramento; ao que hai que engadir as residencias universitarias, bibliotecas, instalacións deportivas e culturais etc.

Entidades ligadas

editar

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, mantido en conxunto coa Xunta de Galicia.[42]

Servizos

editar

Pódense distinguir, entre outros:

Servizos de apoio á docencia e a investigación

editar
  • Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (CITT/OTRI)
  • Arquivo Histórico Universitario
  • Biblioteca Universitaria (BUSC)
  • Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC
  • Centro de Innovación e Transferencia Tecnolóxica (CITT)
  • Centro de Linguas Modernas (CLM)
  • Centro de Tecnoloxías para a aprendizaxe (CeTA)
  • Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS)
  • Estación Científica do Courel
  • Estación de Bioloxía Mariña da Graña
  • Estación de Hidrobioloxía "Encoro do Con"
  • Herbario SANT
  • Hospital Clínico Veterinario Rof Codina
  • Laboratorio de Caracterización Enerxética e Meteorolóxica (LACEM)
  • Museo de Historia Natural
  • Observatorio Astronómico "Ramón Mª Aller"
  • Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT)
  • Rede de Aulas de Informática
  • Rede de Infraestruturas de Apoio á Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico (RIAIDT)
    • Resonancia Magnética
    • Raios X
    • Microscopía Electrónica e Confocal
    • Espectrometría de Masas e Proteómica
    • Análise Elemental
    • IR-RAMAN
    • Magnetosusceptibilidade
    • Crioxenia
    • Apoio Analítico
    • Experimentación Animal
    • Arqueometría
    • Soprado de Vidro e Cuarzo
    • Secuenciación e Xenómica Funcional
    • Avaliación de Actividades Farmacolóxicas de Compostos Químicos
    • Sistemas de Información Territorial (SIT)
    • Laboratorio de Radiofísica
    • Enxeñería da Madeira Estrutural
    • Área de Radioisótopos e Protección Radiolóxica
  • Servizo de Medios Audiovisuais (SERVIMAV)
  • Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
  • Servizo de Tradución
  • Servizo Técnico de Instrumentación Científica
  • Unidade de tabaquismo e trastornos aditivos

Servizos á comunidade universitaria

editar
  • Área de Cultura
    • Coro Universitario
    • Orquestra de Espazo de Cámara
    • Espazo de Danza Universitario EDU
    • Grupo de Creación Sonora (Lugo)
    • Aula de Teatro
    • Canal Campus - LAB
  • Área de Orientación Laboral e Emprego
  • Área de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (ATIC)
  • Cafetarías e Comedores
  • Casa Europa
  • Centro de Estudos Avanzados (CEA)
  • Escola Infantil "Breogán"
  • Fonoteca
  • Imprenta Universitaria
  • Oficina de Desenvolvemento Sostible
  • Oficina de Igualdade de Xénero
  • Oficina de Información Universitaria (OIU)
  • Parque Móbil
  • Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”
  • Servizo de Correos
  • Servizo de Deportes
  • Servizo de Normalización Lingüística
  • Servizo de Optometría
  • Servizo de Participación e Integración Universitaria
  • Servizo de Prevención de Riscos
  • Servizo de Relacións Exteriores (SRE)
  • Servizo Universitario de Residencias (SUR)
  • Valedor da Comunidade Universitaria

A Biblioteca Xeral

editar

A Biblioteca Xeral da Universidade sitúase no Colexio de Santiago Alfeo, popularmente coñecido como Colexio de Fonseca. Nel, entre outros, custodiase o libro máis antigo de Compostela, o Libro de Horas de Fernando I de León, que data do ano 1055.

Galería de imaxes

editar
  1. 1,0 1,1 Nº de estudantes matriculados na USC no curso 2011-12 a data 21/03/2012 Arquivado 21/10/2012, en Wayback Machine. (Datos da propia USC)
  2. Precedencia de las universidades españolas Arquivado 23 de novembro de 2012 en Wayback Machine. en protocolo.org (en castelán)
  3. Fundación de las universidades españolas actuales na web da Universidade de Sevilla. (en castelán)
  4. 4,0 4,1 Relación de Centros da USC
  5. Datos provisionais a 21/03/2012
  6. USC, ed. (1995). Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. pp. 102–104. ISBN 84-8121-304-7. Consultado o 10 de decembro de 2012. 
  7. USC, ed. (1995). Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. p. 54. ISBN 84-8121-304-7. Consultado o 10 de decembro de 2012. 
  8. USC, ed. (1995). Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. p. 100. ISBN 84-8121-304-7. Consultado o 10 de decembro de 2012. 
  9. Bermejo, Xosé Carlos; M.C. Pallares, X.M. Pérez, E. Portela, X.M. Vázquez, R. Villares (1980). Alhambra, ed. Historia de Galiza. Madrid. pp. 206–207. ISBN 84-205-0758-X. 
  10. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (coordinador) (2003). USC, ed. Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (volumen 2): El siglo XIX. Santiago de Compostela. pp. 21–23, 29–44, 48–52, 83–86, 333–335, 521–526. ISBN 84-9750-269-8. Consultado o 6 de decembro de 2012.  (en castelán)
  11. Historia da USC
  12. Pintor Barral, Xoana (2016). "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Universidade de Santiago de Compostela. p. 155. [Ligazón morta]
  13. Gurriarán Rodríguez, R. (coord.): 1968, do "gaudeamus igitur" ao "venceremos nós". Fundación 10 de marzo, 2008.
  14. Morais, C.: Crónica de Fonseca. Editorial Laiovento, 1996.
  15. USC, ed. (1995). Gallaecia Fulget: cinco séculos de historia universitaria. Catálogo da exposición do V Centenario da Universidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. p. 17. ISBN 84-8121-304-7. Consultado o 8 de decembro de 2012. 
  16. "USC TV - Gallaecia Fulget". tv.usc.es. Consultado o 2021-05-19. 
  17. "O conflito máis longo" Arquivado 27 de outubro de 2014 en Wayback Machine., La Voz de Galicia.
  18. Ramos Martínez, I. J.: "La protesta estudiantil en Galicia contra la Ley Orgánica de Universidades" Arquivado 30 de xuño de 2007 en Wayback Machine., en Athenea Digital: revista de pensamiento e investigación social nº 10. Barcelona, 2006. Pax. 1-15. ISBN 978-84-206-8496-3 (en castelán).
  19. Llusia, M.: "El movimiento estudiantil gallego: asambleario, masivo y abierto a la sociedad", en Página abierta nº 121. Decembro 2001 - xaneiro 2002. (en castelán).
  20. "Peches na USC contra a Lomce" Arquivado 23 de outubro de 2013 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 21 de outubro de 2013.
  21. "Proxecto Campus Vida da USC" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de outubro de 2014. Consultado o 07 de decembro de 2012. 
  22. González Calleja, E.: Rebelión en las aulas. Alianza Editorial, 2009. Pax. 263. ISBN 978-84-206-8496-3 (en castelán).
  23. Barreiro 2003, pp. 195-198 (vol II)
  24. "Casares Long será o reitor da Universidade de Santiago"". Vieiros. 24/05/2010. Consultado o 7 de maio de 2014. 
  25. praza.com, ed. (26/04/2014). "Juan Viaño, novo reitor da USC tras unha axustada votación". Consultado o 28 de abril de 2014. 
  26. "Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo". 
  27. Europa Press, ed. (23 de febreiro de 2022). "Antonio López continuará como rector de la USC hasta 2026 tras unas elecciones con bajada de la participación del 6%" (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2022. 
  28. Cabeza de León 1946, Vol I, pp.166-196
  29. 29,0 29,1 29,2 Gallaecia Fulget 1995, p. 100
  30. Fora designado Gómez Vázquez de Neira, quen renunciou por enfermidade.
  31. Barreiro 2003, vol I
  32. Desde 1772 o vicerreitor, Miguel Antonio de Montes y Piñeiro, exerceu as funcións de reitor por ser nomeado Ferragudo bispo de Lleida.
  33. Barreiro 2003, vol II
  34. 34,0 34,1 BOE (ed.). "Buscador do BOE" (en castelán). 
  35. Durante o seu mandato exerceu o cargo interinamente o decano presidente, Vales Vaamonde, pois Ramón Rey presentara renuncia e non había consenso sobre se se debía aceptarse ou non.
  36. En 1811 fora elixido Andrés Gil Villaverde, quen renuncia sen chegar a tomar posesión. Gonzalo Becerra tomou posesión en marzo de 1812.
  37. Cesou en decembro de 1897, o seu sucesor foi nomeado en xullo de 1898.
  38. Xubílase en decembro de 1919. O seu sucesor foi nomeado en xaneiro de 1920.
  39. Faleceu en accidente de tráfico en decembro de 1933. O seu sucesor foi nomeado en febreiro de 1934.
  40. "Presentación - Facultade de Ciencias da Educación - USC". www.usc.es. Consultado o 2018-06-20. 
  41. "Estrutura da USC". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 7 de decembro de 2012. 
  42. Caamaño, M; Chobanova, V.; Cid Vidal, X.; Edelstein, J. (Outubro-decembro 2018). "Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)". Revista Española de Física 32 (4): 50–56. ISSN 0213-862X. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar