Traxedia de Vargas

A traxedia de Vargas é unha das peores catástrofes que asolou o Estado Vargas do país venezolano o 15 de decembro de 1999. Foi o resultado das fortes chuvias, inundacións e desprendementos de material arxiloso e lama que se sucederon entre o 14 e o 16 de decembro de 1999, que mataron entre 10.000 e 30.000 persoas.[1]

Fotografía de Vargas posterior ás inundacións, onde se ven edificios que non colapsaron totalmente e partes das montañas de barro devastadas, que levaron por diante, en forma de ríos de lama.

Este desastre coñeceuse como "el día que la montaña avanzó hasta el mar" e provocou un colapso total das infraestruturas do Estado de Vargas.[2][3]

Causas

editar
 
Depósito de caudal de cascallos, de 2,9 m de espesor, afectado pola posterior inundación da canle no Río Camurí Chiquito. A matriz de gran fino inclúe partículas grosas.

Moitas cidades foron arrastradas até o mar debido ás inundacións. Pobos enteiros como Cerro Grande e Carmen de Uria desapareceron por completo. Até o 10% da poboación de Vargas morreu durante este evento.[4] A zona costeira de Vargas estivo sometida dende había tempo a desprendementos e inundacións: catástrofes xeoloxicamente similares ocorrían con regularidade. A máis recente gran inundación tiña sido en 1951, porén ese suceso non causou tantos danos.[4]

Nun lapso de 52 horas durante os días 14, 15 e 16 de decembro de 1999, 91'1 cm de choiva (aproximadamente a precipitación total dun ano para a rexión) mediuse na costa centro-norte de Venezuela no aeroporto internacional Simón Bolívar de Maiquetía, Venezuela. Estas fortes choivas incluíron 7'2 cm de acumulación en só unha hora, entre as 6 e as 7 da mañá do día 16; as precipitacións tanto os días 15 como 16 superaron a probabilidade de precipitación de 1.000 anos. Aínda así, a costa recibiu moita menos choiva que algunhas rexións augas arriba.

Danos persoais e materiais

editar
 
Danos do fluído de detritos en Caraballeda, un dos lugares principalmente afectados. A canle principal (á esquerda) desbordouse a un novo curso que o levou a través das casas á dereita. Estes depósitos de desbordamento teñen até 6 metros de grosor e suman aproximadamente 1,8 millóns de metros cúbicos de pedras e outros materiais.

O desastre causou danos estimados entre 1,79 e 3,5 millóns de dólares.[4] Considerouse que o número de mortos estaba entre 10.000 [5] e 30.000 [4] — o número exacto de vítimas é difícil de determinar xa que non había datos fiables do censo, especialmente sobre as vilas de chabolas, chamadas ranchitos, e as pequenas comunidades que foron completamente eliminadas; ademais, só se recuperaron uns 1.000 cadáveres, o resto foron arrastrados ao océano pola lama ou sepultados nos desprendementos.[4] Máis de 8.000 vivendas e 700 edificios de vivendas foron destruídos en Vargas, desprazando ata 75.000 persoas.[4]

Véxase tamén

editar