Towers Football (ata 2013 Coruña Towers) é un club de fútbol americano localizado en Cambre.

Towers Football
Fundado en 2009
Sede en Cambre
Afiliacións de Liga/Conferencia

National Football League (2009–presente)

Uniforme actual
CoresAzul e branco          
CanciónSmash Mouth - Why Can't We Be Friends
MascotaChieftain e Frodo (Can de Augas) #00
Cadro de persoal
PresidenteCarlos "djcharli" Pastoriza
AdestradorCarlos "djcharli" Pastoriza
Historia
  • Towers Football (2009–presente)
Alcume(s)
Towers
Campionatos
Títulos de Liga (2)
LGFF (2013) e LGFA (2016)
Conferencia ()
División ()
Estadios
Campo de fútbol Dani Mallo de Cambre
Huddle post-partido 01/03/2015

Historia

editar

Comezos

editar

Foi fundado en 2009 por un grupo de mozos da Comarca da Coruña co nome de Coruña Towers no desaparecido Club Bathory, un bar de A Coruña. Os primeiros adestramentos tiveron lugar nas praias da cidade, arredor de 2007, moito antes da fundación do club, nunhas condicións moi precarias e sen equipacións protectoras. Máis tarde no Parque de Vioño e no Parque de Eiris (A Coruña) tamén se realizaron adestramentos.

Fusión

editar

En 2010 e ante as dificultades para competir en liga nacional decidironse fusionar co outro equipo existente en Galicia, Teo Black Thunder, para disputar a Liga Portuguesa de Fútbol Americano[1] coa denominación de Galiza Black Towers. Esta unión durou tres tempadas (2010 a 2012). Durante ese tempo ambos equipos competiron por separado na Liga Galega de Fútbol Flag.

Durante esta época o club adestrou no Campo de fútbol de Iñás (Oleiros) e no Campo de A Cañoteira (Teo).

A partir de 2012

editar
  • En 2012 e ante a inminente creación da Liga Galega de Fútbol Americano a fusión dos equipos chega o seu fin. O club reinicia a súa sección de tackle, que comezará a competir na segunda edición da LGFA (2013).
A sección de flag quedou segunda na Liga Galega de Flag.
  • En 2013 a sección de tackle continuou crecendo e realizando amigábeis de cara a II Liga Galega de Fútbol Americano.
A sección de flag ganou invicta a Liga Galega de Fútbol Flag, obtendo o pase a Spanish Flag Bowl. Ademais o club decidiu presentarse como candidato a sede da competición, sendo finalmente o responsable de organizar a VII edición masculina e II feminina.[2] No deportivo o club obtivo a oitava praza.
  • Na tempada 2013/2014 a sección de tackle xogou o seu primeiro partido oficial[3] e rematou a II Liga Galega de Fútbol Americano en cuarto posto.
Na sección de flag crease un equipo filial. O primeiro equipo quedou subcampión e o filial quinto da VI Liga Galega de Fútbol Flag.
  • Na tempada 2014/2015 a sección de tackle rematou en terceira posición a III Liga Galega de Fútbol Americano.
Na sección de flag o primeiro equipo quedou subcampión e o filial terceiro do seu grupo da VII Liga Galega de Fútbol Flag.
  • Na tempada 2015/2016 a sección de tackle rematou campioa da IV Liga Galega de Fútbol Americano.
Na sección de flag o primeiro equipo quedou subcampión da VIII Liga Galega de Fútbol Flag. Mentres que o filial gañou a súa conferencia caendo en play-offs.
Créanse as seccións de animación (mixta) e flag feminino que toman por nome Royal Towers.
  • Na tempada 2016/2017 a sección de tackle rematou subcampioa da V Liga Galega de Fútbol Americano.
Na sección de flag o primeiro equipo quedou campión da IX Liga Galega de Fútbol Flag, o equipo filial quedou campión da segunda división e o equipo feminino rematou cuarto do seu grupo de segunda división. Ademais o equipo feminino quedou segundo da I Liga Galega de Fútbol Flag Feminino.
  • Na tempada 2017/2018 a sección de flag gañou a primeira edición da Copa Galicia de Fútbol Flag.
A sección de tackle rematou subcampioa da Liga Norte de Fútbol Americano na súa primeira participación nesta competición puntuable para o ascenso a Serie A.
  • Na tempada 2019/2020 a sección de tackle disputou a Liga Norte Sénior 7x7 a que presentou dous equipos: Black Widow Towers e Towers Chieftains. Antes da suspensión da competición pola Pandemia de COVID-19 ambos equipos estaban en postos de play-off a falta de disputarse a derradeira xornada da fase regular do campionato.
A sección de flag non tivo actividade competitiva pola suspensión de todas as competicións pola Pandemia de COVID-19.
  • Na tempada 2020/2021 o club retoma os adestramentos pouco a pouco segundo o permite a relaxación das medidas sanitarias para conter a Pandemia de COVID-19, non participa en ningunha competición pola pausa nas mesmas.
A sección de flag participou na Copa de Asturias de Fútbol Flag presentando dous equipos, Meliora Towers e Towers Chieftains, obtendo a primeira e a cuarta praza respectivamente.

Palmarés

editar
Campión da IX Liga Galega de Fútbol Flag Open (o equipo filial queda campión da segunda división da competición).
Campión II Copa Galicia de Fútbol Flag Open.
Campión da X Liga Galega de Fútbol Flag Open.
Campión Copa Galega de Fútbol Flag Femenina.
Campión da Liga Interterritorial de Fútbol Americano.
Campión XII Liga Galega de Fútbol Flag Open.

Récords

editar


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar