Tottenham Hotspur F.C.

(Redirección desde «Tottenham Hotspur Football Club»)

O Tottenham Hotspur Football Club é un club de fútbol do norte da cidade de Londres, en Inglaterra. Fundado no ano 1882, xoga na Premier League inglesa, competición da que foi campión 2 veces. O seu rival clásico é o Arsenal, co cal disputa o Derbi do Norte de Londres.

Tottenham Hotspur
NomeTottenham Hotspur Football Club
Alcume(s)Spurs, Lilywhites
Fundación5 de setembro de 1882 (142 anos)
EstadioTottenham Hotspur Stadium,
Londres, Inglaterra
Inauguración3 de abril de 2019
Capacidade62.850
PresidenteInglaterra Daniel Levy
AdestradorItalia Antonio Conte
LigaPremier League
2021–22
Na rede
http://www.tottenhamhotspur.com/
Facebook: TottenhamHotspur Twitter: SpursOfficial Instagram: spursofficial LinkedIn: tottenham-hotspur-ltd Youtube: UCEg25rdRZXg32iwai6N6l0w TikTok: spursofficial Twitch: tottenhamhotspur Musicbrainz: d12c564e-99c6-485d-b267-fd211977799b Editar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia

editar

O Tottenham Hotspur FC (tamén chamado Spurs) foi fundado no ano 1882. Naceu grazas á iniciativa duns rapaces do club de crícket Hotspur e da escola primaria local, polo que nun comezo o nome do club foi Hotspur FC. A institución pasou a chamarse Tottenham Hotspur Football and Athletic Club en 1884. En 1887 xogouse o primeiro clásico, coñecido como Derbi do Norte de Londres contra o Arsenal FC, por entón chamado Royal Arsenal. O partido foi suspendido por mor da escuridade cos Spurs (alcume do club) gañando por 2 a 1.

O club trasladouse en 1888 a uns terreos privados en Northumberland Park. En 1890 as cores do equipo eran camisolas vermellas e pantalóns curtos azuis. A institución se profesionalizou en 1895, e ó ano seguinte ascendeu á Primeira División da Liga. Ese ano tamén trocaron as cores, pasando o vermello e azul a negro e dourado. En 1897 consegue chegar á final dunha copa por vez primeira, caendo fronte ao local Wellingborough por 0 a 2 na Charity Cup. O club foi convertido nunha sociedade de responsabilidade limitada en 1898. Ese mesmo ano cambia as cores de novo, camisola branca e pantalón azul.

 
Vitoria na FA Cup de 1901.

Xa no ano 1899 o club mudouse a onde está hoxe. Ó ano seguinte o Tottenham é campión da Liga do Sur. No ano 1901 se fan coa FA Challenge Cup, converténdose no único club da liga (trala formación da Football League en 1888) en obter ese título.

No ano 1908 o Tottenham descendeu á Segunda División da Liga de Fútbol, pero ascendeu de novo ó ano seguinte. Aos descensos dos anos 1915, 1928 e 1935 lles sucederon os ascensos dos anos 1920, 1933 e 1950.

Os grandes éxitos do Tottenham Hotspur FC comezaron en 1951, cando recentemente ascendido, o club gañou por vez primeira o campionato inglés de liga, feito que repetiu no ano 1961. Ese ano tamén gañaron a FA Cup, repetindo en 1962. En 1963 o Tottenham conseguiu a Recopa de Europa fronte ó Atlético de Madrid, vencendo por 5 a 1 na final xogada en Rotterdam. Foi o primeiro club inglés en gañar unha competición europea.

A pesar de gañar de novo a FA Cup en 1967, e a súa 1ª Copa da UEFA en 1972 (fronte ao Wolverhampton), na liga inglesa o club descende de novo en 1977. En 1978 ascenderon de novo á Primeira División, gañaron 2 FA Cup seguidas en 1981 e 1982, e no ano 1983 converteuse no primeiro club inglés en saír á Bolsa de Londres. En 1984 o Tottenham gaña a súa 2ª Copa da UEFA fronte ao Anderlecht.

 
White Hart Lane, fogar do Tottenham.

O Tottenham Hotspur gañou a súa 8ª e derradeira FA Cup en 1991. No ano 1992 o club foi un dos membros fundadores da nova Premier League.

En 2001 chegou á presidencia o seu actual presidente, Daniel Levy. En 2010 o equipo rematou 4º na Premier clasificándose despois de máis de 40 anos para xogar na Liga de Campións.

Estadio

editar

O Tottenham Hotspur trasladouse a White Hart Lane en 1899. O seu primeiro partido neste campo rematou cunha vitoria sobre o Notts County por 4 a 1. Entre os anos 1908 e 1972, White Hart Lane foi un dos poucos campos de fútbol británicos que non amosaban ningunha publicidade.

Ó redor de 1923 o recinto foi ampliado para acoller a 50.000 persoas cubertas. En 1953 lle foi introducida a iluminación artificial. O club está traballando nun proxecto para construír un novo estadio que teña acollida para 60.000 seareiros.

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Posto País Xogador
1 POR   Hugo Lloris
2 DEF   Matt Doherty
3 DEF   Sergio Reguilón
4 MED   Oliver Skipp
5 MED   Pierre-Emile Højbjerg
6 DEF   Davinson Sánchez
7 DIA   Son Heung-min
8 MED   Harry Winks
9 DIA   Richarlison
10 DIA   Harry Kane
11 MED   Bryan Gil
12 DEF   Emerson Royal
14 MED   Ivan Perišić
15 DEF   Eric Dier
Posto País Xogador
17 DEF   Cristian Romero
19 DEF   Ryan Sessegnon
20 POR   Fraser Forster
21 MED   Dejan Kulusevski
24 DEF   Djed Spence
25 DEF   Japhet Tanganga
27 MED   Lucas Moura
29 MED   Pape Matar Sarr
30 MED   Rodrigo Bentancur
33 DEF   Ben Davies
34 DEF   Clément Lenglet
38 MED   Yves Bissouma
40 POR   Brandon Austin
42 MED   Harvey White

Palmarés

editar
 
.Situación do club no norte de Londres.

Torneos nacionais

editar

Torneos internacionais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar