Torre del Palau de Terrasa
A Torre del Palau é o único vestixio do castelo palau de Terrasa, que no intre de máximo esplendor estendeu os seus dominios dende o Llobregat até o Ripoll e dende Sant Cugat del Vallès até a chaira de Bages. Pere de Fizes e Pere Francesc de Montanyans foron os seus casteláns en diferentes épocas. A torre mestra, que foi prisión até ben entrado o século XIX, foi a única estrutura que quedou dereita cando en 1891 o último propietario do castelo decidiu derrubar o que restaba do edificio. Documentada por vez primeira no ano 1016, foi cedida ó concello en 1994 e actualmente é unha das seccións do Museo de Terrasa; fanse visitas guiadas concertadas.[1]
Está situada datrás da praza Vella, entre a rúa Cremat e a das Gavatxons. Como que quedaba agochada da vista, en 1991 derrubáronse as casa dos arredores e abriuse unha praza de nova creación, chamada praza da Torre del Castell-Palau, dende a cal a torre é accesible. Nesa mesma praza, na planta baixa da casa de Antoni Josep Torrella i Maurí, atópase o Centro de Interpretación da Vila Medieval de Terrasa.
Notas
editar- ↑ AADD (2010). Museus i Centres de Patrimoni Cultural a Catalunya. Barcelona: Departament de Cultura de la Generalitat de Catalunya. pp. p. 122. ISBN 84-393-5437-1.