Dermatofitose

(Redirección desde «Tiña»)


As dermatofitoses ou tiña[5] son infeccións fúnxicas da pel.[6] As descricións da doenza remóntanse á Idade Antiga.[7]

Dermatofitose
SinónimosTiña, dermatofitia, dermofitose
EspecialidadeDermatoloxía
CausasMicose
Factores de riscoUsar balnearios públicos, deportes de contacto, suor excesivo, contacto con animais, obesidade, deficiencia inmunitaria [1][2]
DiagnósticoBaseado nos sintomas, cultura microbiolóxica, observación ao microscopio[3]
TratamentoPomadas antifúnxicas, (clotrimazol, miconazol...) ou antifúnxicos orais (fluconazol etc.) [4]
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Sintomas

editar

Normalmente producen pel vermella e escamosa, proído e erupcións circulares. A perda de cabelo pode ocorrer na zona afectada. Os síntomas comezan entre 4 e 14 días despois da exposición ao fungo. A condición pode afectar varias áreas da pel ao mesmo tempo.[2]

Causas

editar
 
Fungo dermatófito

A dermatofitose pode ser causada por preto de 40 fungos diferentes. Os máis comúns son os dos xéneros Trichophyton, Microsporum ou Epidermophyton.[6]

Factores de risco

editar

Entre os factores de risco están o uso de vestiarios públicos, deportes de contacto como a loita, a sudación excesiva, o contacto con animais, a obesidade e a inmunodeficiencia.[1] [2]

Transmisión

editar

As infeccións poden transmitirse por outros animais ou entre persoas.[1] En moitos casos, o diagnóstico baséase na aparencia da pel e os síntomas. O diagnóstico pódese confirmar mediante cultivo microbiolóxico ou observación microscópica dunha mostra de pel.[3]

Prevención

editar

A prevención consiste en manter a pel seca, non andar descalzo en lugares públicos e non compartir obxectos persoais.[1]

Tratamento

editar

O tratamento normalmente consiste na aplicación de pomadas antifúnxicas como clotrimazol ou miconazol. Cando a enfermidade afecta o coiro cabeludo, poden ser necesarios antifúngicos orais como o fluconazol.[4]

Prevalencia

editar

En todo o mundo, cerca do 20% da poboación está infectada con dermatofitose nun momento dado.[8] As infeccións da ingua son máis comúns nos homes, mentres que as infeccións do corpo e do coiro cabeludo afectan a ambos os sexos por igual. As infeccións do coiro cabeludo son máis comúns en nenos, mentres que as infeccións da ingua son máis comúns entre os anciáns.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ringworm Risk & Prevention". 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 J., Frank (2013). The 5-Minute Clinical Consult 2014 (en inglés). p. 1226. ISBN 9781451188509. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15. 
  3. 3,0 3,1 "Diagnosis of Ringworm". cdc.gov. 6 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 8 de agosto de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 "Treatment for Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 3 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiña.
  6. 6,0 6,1 "Definition of Ringworm". 6 de dezembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2016. Consultado o 5 de setembro de 2016. 
  7. L., Jean (2012). Dermatology (en inglés). p. 1255. ISBN 978-0702051821. Arquivado dende o orixinal o 2016-09-15. 
  8. Mahmoud A. Ghannoum; John R. Perfect (24 de novembro de 2009). Antifungal Therapy. p. 258. ISBN 978-0-8493-8786-9. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.