Thierry Henry

futbolista francés

Thierry Daniel Henry, nado o 7 de agosto de 1977 en Les Ulis, é un exfutbolista francés. Xogou de dianteiro para o AS Monaco, Juventus, Arsenal, Barcelona e New York Red Bulls. Ademais, foi internacional coa selección francesa, coa que disputou 123 partidos.

Modelo:BiografíaThierry Henry

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Thierry Daniel Henry Editar o valor en Wikidata
17 de agosto de 1977 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Les Ulis, Francia Editar o valor en Wikidata
Embaixador de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso83 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2014), adestrador de fútbol, comentarista deportivo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUNICEF Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPremier League, Major League Soccer, Primeira División Española, Lega Calcio Serie A e Ligue 1 Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1999 AS Monaco FC 105(20)
1999–1999 Juventus FC 16(3)
1999–2007 Arsenal F.C. 377(228)
2007–2010   FC Barcelona 80(35)
2010–2014 New York Red Bulls 122(51)
2012–2012 cesión Arsenal F.C. 4(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1994   Francia sub-16
1994–1995   Francia sub-17 11(10)
1995–1996   Francia sub-18 13(6)
1996–1997   Francia sub-19 9(5)
1997–1998   Francia sub-20 11(7)
1997–1999   Francia sub-21 6(1)
1997–2010   Francia 123(51)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2016–2018   Bélxica (assistant manager (en) Traducir)
2018–2019 AS Monaco FC
2019–2021 CF Montréal
2021–2022   Bélxica (assistant manager (en) Traducir)
2023–2024   Francia sub-21
2024–2024 France national under-23 football team (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002
2000Eurocopa de 2000
1998Mundial de Fútbol Francia 1998 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNicole Merry (2003–2007) Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm1128244 Allocine: 135848 TCM: 11445340
BNE: XX4728437 Discogs: 2019955 FIFA: 170711 UEFA: 24057 Editar o valor en Wikidata

Henry é o máximo goleador histórico da selección de Francia (51 goles), máximo goleador histórico do Arsenal FC (228 goles) e 3º máximo goleador da historia da Liga de Campións (51 goles).

Carreira profesional

editar

AS Monaco

editar

A carreira profesional de Thierry Henry comezou con 17 anos no AS Monaco que adestraba Arsène Wenger. Durante 2 anos xogou poucos encontros, e na posición de extremo, xa que a posición de dianteiro era para o brasileiro Sonny Anderson. En 1995 chegou ó club o adestrador Jean Tigana, quen fixo de Henry un xogador titular, que daquela salientaba mais polas asistencias que polos goles. Na tempada 1996-97 o AS Monaco gañou a Ligue 1. Ó ano seguinte o equipo caeu nas semifinais da Liga de Campións diante do Juventus FC de Zidane e Del Piero, eliminando antes ó Manchester United en cuartos de final. Henry foi o segundo máximo goleador da competición con 7 goles, saltando á fama do fútbol europeo.

Campión do Mundo

Nese verán de 1998, Henry foi chamado para xogar o Mundial coa selección francesa, que se proclamou campioa. Henry foi o máximo goleador do equipo francés con 3 goles.

Juventus FC

editar

A mediados da tempada 1998-99 Henry foi contratado pola Juventus FC a cambio de 17 millóns de euros, pero o seu estilo de xogo non funcionou no equipo turinés, de xeito que no verán de 1999 o Arsenal FC adestrado por Arsène Wenger pagou 15 millóns de euros polo xogador francés.

Arsenal FC

editar

No Arsenal FC compartiu o ataque gunner co holandés Dennis Bergkamp. Nos 2 primeiros anos o Arsenal acadou o subcampionato da Premier League, marcando 17 goles por tempada. No verán do ano 2000 Henry foi de novo campión con Francia, esta vez na Eurocopa, sendo el de novo o máximo goleador do equipo con 3 goles. Na tempada 2001-02 o Arsenal gañou a Premier League, a FA Cup e Henry foi o máximo goleador da liga con 24 goles.

Nas dúas seguintes tempadas Henry quedou 2º no FIFA World Player detrás de Zidane e Ronaldinho. En 2003 recibiu o Balón de Prata, mentres que en 2004 e 2005 foi Bota de Ouro. Gañador da Premier de novo en 2004, e da FA Cup en 2003 e 2005; en 2003, 2004 e 2005 repetiu como máximo goleador da Premier League, e en 2006 recibiu o Balón de Bronce, despois de caer na final da Liga de Campións da UEFA 2005-06 fronte ó FC Barcelona, e na final do Mundial de Alemaña 2006 fronte a Italia. Nesta ocasión de novo Henry foi o máximo goleador francés no torneo.

FC Barcelona

editar

O 23 de xuño de 2007 foi fichado polo FC Barcelona que adestraba Frank Rijkaard a cambio de 24 millóns de euros. O obxectivo de Henry no Barcelona era acadar o único gran título que non tiña no seu palmarés, a Liga de Campións da UEFA. No Barça tivo que adaptarse a xogar na posición de extremo pola esquerda, xa que os outros dous postos ofensivos pertencíanlles a Samuel Eto'o e Lionel Messi. No seu primeiro ano mostrou un xogo inferior ó que demostrara durante anos no Arsenal, e marcou só 19 goles en tódalas competicións. Porén, o éxito no club culé chegoulle na súa segunda tempada. Ese ano o equipo estreou adestrador, Pep Guardiola, que confiou en Thierry Henry dende o principio. O Barça fíxose con tódolos títulos en xogo, incluídas a Liga de Campións e a Liga española. Ese mesmo ano Henry marcou 2 goles no encontro de liga fronte ó Real Madrid xogado no Estadio Santiago Bernabéu que remataría co resultado de 2 a 6 a prol do conxunto catalán.

Na seguinte tempada gañaría 4 títulos, a Liga, a Supercopa de España, a Supercopa de Europa e a Copa Mundial de Clubs.

NY Red Bulls

editar

O 14 de xullo de 2010 foi contratado polo New York Red Bulls da MLS estadounidense por 4 anos. Co seu contrato de 5'6 millóns de dólares por tempada converteuse no xogador mellor pagado da liga, xunto a David Beckham.

Estatísticas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar