Therizinosauridae
Therizinosauridae Rango fósil: Cretáceo superior | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tericinosaurio | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Fósil | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
Enigmosaurus |
Therizinosauridae, que provén do grego é en galego viría sendo "lagartos gadaña", é unha familia de dinosauros terópodos tericinosaurianos, que viviron no Cretáceo superior (fai aproximadamente 96 e 66 millóns de anos, dende o Turoniano ao Mastrichtiano), no que hoxe é Asia e Norteamérica.
Descrición
editarOs tericinosáuridos eran terópodos herbívoros que se caracterizan por posuír grandes membros dianteiros rematados en longas poutas, torsos anchos, patas con catro dedos, unha cabeza pequena sostida por un pescozo longo, punta das mandíbulas desdentadas e córneas, dentes pequenos na parte posterior con forma ampla e comprimida, vertebras anterodorsais con arcos neurais altos, costelas dorsais anchas e unha cadeira semellante á das aves. A forma da cadeira puido facilitar o desenvolvemento dun intestino máis longo para poder dixerir plantas. Dada a posición filoxénetica e a cuberta de filamentos semellantes a plumas descubertas no beipiaosaurio, resulta probable que os tericinosáuridos (do mesmo xeito que todos os tericinosauroides) presentasen os devanditos filamentos.
Sistemática
editarTherizinosauridae defínese como o clado máis inclusivo que contén ao Therizinosaurus cheloniformes (Maleev, 1954), ao Neimongosaurus yangi (Zhang et al., 2001) e ao Nothronychus mckinelyi (Kirkland & Wolfe, 2001). Son todos os manirraptoriformes máis próximo ao erlicosaurio que aos ornitomimos, ao ovirráptor ou ás aves verdadeiras (Neornithes).
Notas
editar- Zanno, L. 2004. The pectoral girdle and forelimb of a primitive therizinosauroid (Theropoda: Maniraptora): new information on the phylogenetics and evolution of therizinosaurs. Journal of Vertebrate Paleontology. Abstracts of papers. Sixty-fourth annual meeting Society of vertebrate paleontology, 24, Supplement to number 3, 134A.