Theodor Mommsen

foi un xurista, filólogo e historiador alemán que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1902

Theodor Mommsen, nado en Garding, Schleswig, o 30 de novembro de 1817 e finado en Marchstrasse (Charlottenburg) Berlín, o 1 de novembro de 1903, foi xurista, filólogo e historiador alemán que recibiu o premio Nobel de Literatura en 1902.

Modelo:BiografíaTheodor Mommsen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Christian Matthias Theodor Mommsen Editar o valor en Wikidata
30 de novembro de 1817 Editar o valor en Wikidata
Garding (Unitary State) Editar o valor en Wikidata
Morte1 de novembro de 1903 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Charlottenburg, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaDreifaltigkeitskirchhof II (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Member of the Reichstag of the German Empire (en) Traducir
1881 – 1884
Member of the Prussian House of Representatives (en) Traducir
1863 – 1879
Catedrático
1847 – 1885 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo alemán Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kiel (pt) Traducir - xurisprudencia (1838–1843)
Christianeum (en) Traducir (1835–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia histórica, historia, xurisprudencia, Filoloxía clásica e antigüidade clásica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín (1858–)
Geographical region of Italy (en) Traducir (–1847)
Leipzig (1847–1851)
Francia (1844–) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador da antigüidade clásica, epigrafista, político, erudito clásico, arqueólogo clásico, historiador, profesor universitario, historiador do dereito, numismático, escritor, xurista, xornalista, xermanista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Frederico Guillerme de Berlín, profesor universitario (1861–1885)
Academia Prusiana das Ciencias (1858–)
Universidade de Breslau (1854–1858)
Universidade de Zürich, profesor universitario (1852–1854)
Universidade de Leipzig, catedrático (1847–1851) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progressista Alemão (pt) Traducir (1861–)
Liberal Union (en) Traducir
Partido Nacional Liberal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosEduard Norden e Camille Jullian Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMaria Auguste Mommsen (1854–) Editar o valor en Wikidata
FillosMarie Mommsen, Wolfgang Mommsen, Lisbet Mommsen, Karl Mommsen, Ernst Mommsen, Konrad Mommsen, Hans Georg Mommsen Editar o valor en Wikidata
PaiJens Mommsen Editar o valor en Wikidata
IrmánsTycho Mommsen
August Mommsen Editar o valor en Wikidata
ParentesUlrich von Wilamowitz-Moellendorff, xenro
Tycho von Wilamowitz-Moellendorff, neto
Wolfgang Mommsen, neto Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Моммзен Теодор)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1010875 WikiTree: Mommsen-8 Find a Grave: 9316938 Editar o valor en Wikidata
Cando o home xa non atope pracer no seu traballo e traballe só para alcanzar os seus praceres canto antes, entón só será casualidade que non se converta en delincuente.
Theodor Mommsen

Traxectoria

editar

Christian Matthias Theodor Mommsen naceu no seo dunha humilde familia de Garding, unha pequena localidade da rexión de Schleswig-Holstein que por aquel entón pertencía a Coroa de Dinamarca. O seu pai, pastor protestante, introduciuno na cultura e linguas clásicas, formación que consolidaría no Instituto de Altona (1834-1838).

A vocación e a carreira de Mommsen orientáronse decisivamente ao ingresar na Universidade de Kiel para seguir a carreira xurídica en 1838, onde se doutora en Dereito (1843),

Co financiamento da Academia de Berlín conseguiu pór en marcha (1854) un xigantesco proxecto para editar todas as inscricións latinas do Imperio romano (Corpus Inscriptionum Latinarum). No ano da súa morte publicáronse máis de 120.000 epígrafes.

Mommsen desenvolveu unha longa carreira como profesor universitario, ocupando sucesivamente postos docentes, Catedrático de Dereito romano da Universidade de Leipzig en 1848 (aínda que perdeu a cátedra polas súas actividades políticas, apoiou aos monárquicos fronte aos republicanos, posteriormente enfrontouse cos primeiros ao protestar polas súas violentas represalias), recibiu a cátedra de Dereito romano da Universidade de Zürich en 1852, foi profesor de Filosofía na Universidade de Breslau en 1854 e catedrático de Historia antiga na Universidade de Berlín en 1858.

No ano 1873 foi nomeado Secretario vitalicio da Academia de Ciencias de Berlín, da que era membro desde 1858.

Deputado no Reichstag desde 1881 e adversario de Otto von Bismarck.

En 1895 obtivo como recoñecemento a medalla de prata da Royal Numismatic Society de Londres.[1]

O 1 de novembro de 1903 morría Theodor Mommsen na súa casa de Marchstrasse (Charlottenburg, Berlín). Intelectuais e homes de Estado de Europa enteira expresaron o seu pesar pola morte do máis grande dos investigadores da Roma antiga, do xenial coordinador de decisivos proxectos científicos, do infatigable estudoso da Antigüidade, do político comprometido coa vida pública do seu tempo.

As súas investigacións científicas estableceron as bases da dialectoloxía da Italia prerromana.

Obra literaria

editar
 
Theodor Mommsen nun retrato de Ludwig Knaus (1881)

A impoñente obra de Mommsen (máis de 1.500 títulos) é unha excepcional contribución ao desenvolvemento da historia antiga. Os seus traballos xurídicos, filolóxicos, epigráficos e numismáticos son referentes fundamentais para os especialistas.

 

As súas principais obras son:

  1. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.