The Quest

filme de 1996 dirixido por Jean-Claude Van Damme

The Quest é un filme estadounidense dirixido e protagonizado por Jean-Claude Van Damme que se estreou en 1996. É o primeiro filme dirixido por Van Damme e o argumento baséase nun torneo internacional de artes marciais.

The Quest
Ficha técnica
Título orixinalThe Quest
DirectorJean-Claude Van Damme
ProdutorMoshe Diamant
Peter MacDonald
GuiónFrank Dux (historia)
Jean-Claude Van Damme (historia)
Steven Klein
Paul Mones
IntérpretesJean-Claude Van Damme
Roger Moore
James Remar
Janet Gunn
Jack McGee
Aki Aleong
MúsicaRandy Edelman
FotografíaDavid Gribble
MontaxeJohn F. Link
William J. Meshover
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1996
Duración95 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción
Orzamento$30.000.000[1]
Recadación$57.400.547
Na rede
IMDB: tt0117420 Filmaffinity: 214725 Allocine: 15182 Rottentomatoes: m/1070608-quest Mojo: quest Allmovie: v135899 TCM: 335722 TV.com: movies/the-quest-1996 Netlix: 884565 Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Van Damme interpreta a Christopher Dubois, un pallaso acróbata e carteirista que vive nas rúas de Nova York en 1925. Despois de roubarlle á mafia, debe escapar da cidade como polisón nun barco. É finalmente descuberto pola tripulación e posto en prisión por contrabandistas e piratas. É rescatado por un mercenario británico chamado Lord Edgar Dobbs (Roger Moore), que logo o vende como escravo a unha illa onde Dubois aprende o estilo de pelexa tailandés, o muay thai. Dobbs axuda a Dubois, mercando a súa liberdade para que o agora experto poida representar ós Estados Unidos nun kumite celebrado nunha cidade perdida do Tíbet, onde representantes de diferentes países como Alemaña, a Unión Soviética, Escocia, España, Turquía, Brasil, Siam, Corea, Grecia, Francia, China, Xapón, Okinawa, África e Mongolia combaten pola eliminación, e o gañador do torneo recibe unha valiosa estatua dun Dragón de ouro puro.

Personaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar