Territorio Británico do Océano Índico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2016.) |
O Territorio Británico do Océano Índico (BIOT - Das siglas en inglés, British Indian Ocean Territory) é un Territorio de Ultramar do Reino Unido situado no océano Índico a medio camiño. entre Tanzania e Indonesia, en 6°S, 71°30'L,
British Indian Ocean Territory (en) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «In tutela nostra Limuria» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Capital | Camp Thunder Cove (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.000 (2018) (50 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 60 km² | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Moeda | dólar estadounidense | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .io | ||||
Prefixo telefónico | 246 | ||||
Código de país | IO | ||||
O territorio abarca os sete atois do arquipélago de Chagos (फेहंद्वीप Phehandweep en hindú e outros idiomas da India do Norte, Paeikaana Theevukal பேகான தீவுகள் en tamil, Feyhandheebu ފޭހަންދީބު en dhivehi) con máis de 1.000 illas individuais (moi pequenas) cunha superficie total de 60 quilómetros cadrados.[1]
A illa máis grande e máis meridional é Diego García (27 km²) ocupa unha posición estratéxica no centro do océano Índico, toda ela é unha instalación militar conxunta do Reino Unido e os Estados Unidos[2]. Tras o desaloxo da poboación nativa (chagosianos) na década de 1960, os únicos habitantes son o persoal militar dos Estados Unidos e Gran Bretaña e os contratista asociados, que en conxunto suman ao redor de 3.000 (cifras de 2018).[3]
A Expulsión dos chagosianos do arquipélago de Chagos produciuse entre 1968 e 1973. Os chagosianos, que entón eran sobre 2.000 persoas, foron expulsados polo goberno do Reino Unido a Mauricio e Seychelles para construír a base militar. Hoxe, os chagosianos exiliados aínda intentan regresar, dicindo que a expulsión forzada e a despoxo foron ilícitos, pero o goberno do Reino Unido negoulles en varias ocasións o dereito de retorno.[4][5] As illas están prohibidas para os chagosianos, os turistas ocasionais e os medios de comunicación.
Desde a década de 1980, o Goberno de Mauricio está na procura de recuperar o control sobre o arquipélago de Chagos, que foi separada da entón Colonia da Coroa de Mauricio polo Reino Unido en 1965 para formar o Territorio Británico do Océano Índico. En febreiro de 2019, opinión consultiva do Tribunal Internacional de Xustiza pediu que as illas fosen entregadas a Mauricio. Desde isto, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas e o Tribunal Internacional do Dereito do Mar tomaron decisións similares.
Historia
editarO Arquipélago de Chagos foi descuberto polo explorador español Diego García de Moguer en 1554, quen bautizou á maior das illas como Diego García. Foron reclamadas no século XVIII por Francia como unha posesión de Mauricio. Habitadas por primeira vez no século XVIII por escravos africanos e contratistas indios traídos por franco-mauricianos para fundar plantacións de coco.[6] En 1810, Mauricio foi capturada polo Reino Unido, e Francia cedeu posteriormente o territorio no Tratado de París en 1814.
O BIOT foi establecido como territorio do Reino Unido o 8 de novembro de 1965, agrupaba os Arquipélagos de Chagos, Aldabra, Farquhar e as illas Desroches. O 23 de xuño de 1976 Aldabra, Farquhar e Des Roches foron devoltos a Seychelles cando acadou a independencia. Consecuentemente, o BIOT soamente está constituído por un grupo de seis illas incluíndo o Arquipélago de Chagos. A maior illa e a máis ao sur, Diego García, e acolle bases navais do Reino Unido e mailos EUA. Tódalas illas restantes están deshabitadas. Entre 1967 e 1973, os agricultores que anteriormente residían na illa foron mandados a illa Mauricio e ao arquipélago de Seychelles. En 2000, a suprema corte británica anulou a orde de inmigración local que excluía os residentes do arquipélago, máis apoiou o estado militar especial de Diego García. O territorio do Reino Unido e administrado por un comisario que reside fora da illa, o representante do Comisionado no territorio, é o oficial ao mando do destacamento de forzas británicas. A Defensa é responsabilidade do Reino Unido; os Estados Unidos arrendaron Diego García e o contrato vencía en 2016. Renovouse para continuar ata 2036. O anuncio foi acompañado dunha promesa de indemnización de 40 millóns de libras esterlinas a antigos residentes.[7]
Entre mentres, o Arquipélago de Chagos é reivindicado por Mauricio e por Seychelles.
Goberno e política
editarComo territorio do Reino Unido, a súa "cabeza de estado" é a Raíña Elizabeth II , e a "cabeza de goberno" é o Comisario Colin Roberts e a Administradora Joanne Yeadon, todos residentes no Reino Unido. Non se celebran eleccións; o monarca é hereditario, o comisario e o administrador son designados polo monarca.
Economía
editarToda a actividade económica concéntrase na illa Diego García onde están as instalacións de defensa do Reino Unido e dos Estados Unidos. Os aproximadamente 3.000 habitantes nativos, coñecidos como o Chagosians ou Ilois, foron evacuados para a illa Mauricio antes da construción dos complexos militares; en 1995, había aproximadamente 1.700 militares americanos-ingleses e 1.500 civís vivindo na illa. Os proxectos de construción e outros servizos necesarios para manter as instalacións militares son feitos polos soldados e empregados contratados do Reino Unido, Mauricio, Filipinas, e EUA. Non hai ningunha actividade industrial ou agrícola nas illas. A concesión de licenzas de pesca comercial proporcionan un ingreso anual de ao redor de 1 millón de dólares para o territorio. Están dispoñíbeis servizos de telefonía para o exército e para as necesidades públicas, providenciando todo o servizo tradicional de teléfono comercial inclusive conexión con Internet; o servizo internacional é feito a través de satélite. O Territorio ten tres estacións de radio, unha de AM e dúas FM, e unha estación de televisión.
Xeografía e comunicación
editarO territorio é un arquipélago de 55 illas, a máis grande é Diego García, que representa case a metade da superficie total do territorio, que é de 60 km². O terreo é plano e baixo, coa maioría de superficies que non excedan de 2 metros sobre o nivel do mar. O clima é tropical marítimo, cálido e húmido, e moderado polos ventos alisios. A maioría das illas non teñen estrada, Diego García ten unha pequena estrada pavimentada entre o porto e aeroporto, o medio de transporte máis común son as bicicletas. A base militar de Diego García ten o único aeroporto do territorio con varias pistas, a maior de 3000 metros de longo, é capaz de acoller bombardeiros como os moi pesados B-52 da USAF e o transbordador espacial no caso dunha misión abortada. Tamén Diego García posúe un importante porto. En 2010, 545 000 kilometros cadrados (210 426 sq mi) de océano ao redor das illas foi declarada reserva mariña.
A Orde 2004 (constitución) do Territorio Británico do Océano Índico define o territorio como composto polas seguintes illas ou grupos de illas:
- Atol Diego García
- Tres Irmáns Illas
- Illas Egmont
- Illa Nelson
- Peros Banhos
- Illas da Aguia
- Illas Salomón
- Illas Danger
Como se indicou anteriormente, o territorio incluía tamén Aldabra, Farquhar e Desroches entre 1965 e 1976, este último grupo de illas que atópase ao norte de Madagascar foron anexadas e devoltas ás Seychelles.
Notas
editar- ↑ "British Indian Ocean Territory". World Factbook. Central Intelligence Agency. 27 de marzo de 2013. Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ Chirayu Thakkar (12 Jul 2021) OVERCOMING THE DIEGO GARCIA STALEMATE
- ↑ "British Indian Ocean Territory". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 2 de xuño de 2020. Consultado o 16 de xuño de 2020.
- ↑ "Mauritius profile". BBC World. 2011. Consultado o 4 de abril de 2012.
- ↑ "Historical Background – What Happened to the Chagos Archipelago?". chagosinternational.org. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de abril de 2012.
- ↑ Vine, David (17 de abril de 2008). "Introducing the other Guantanamo". Asia Times (atimes.com). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2008. Consultado o 5 de abril de 2013.
- ↑ Mance, Henry (16 de novembro de 2016). "Extended US lease blocks Chagossians' return home". Financial Times. Consultado o 18 de xuño de 2020.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Territorio Británico do Océano Índico |
Ligazóns externas
editar- Páxinas oficiais
- British Indian Ocean Territory Administration - official website
- British Indian Ocean Territory - UK Government site
- British Indian Ocean Territory - UK travel advice
- British Indian Ocean Territory - official map
- Naval Support Facility Diego Garcia - US Navy website
- Naval Support Facility Diego Garcia - YouTube
- Naval Support Facility Diego Garcia - Facebook
- Comprehensive Nuclear-Test-Ban Treaty station, Diego Garcia
- BIOT Post Office
- Campaña chagossiana
- UK Chagos Support Association Arquivado 04 de marzo de 2011 en Wayback Machine.
- Let Us Return USA - US Chagossian Support Group Arquivado 21 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- Christian Nauvel, "A Return from Exile in Sight? The Chagossians and their Struggle" (2006) 5 Northwestern Journal of International Human Rights 96–126 Arquivado 02 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (retrieved 9 de maio de 2011).
- Outras