Teresa Viejo

xornalista española

Teresa Viejo, nada en Madrid o 3 de setembro de 1963, é unha xornalista española e Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF.[1]

Modelo:BiografíaTeresa Viejo

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión, xornalista, escritora Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1404563 Facebook: teresaviejo BNE: XX955769 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, onde cursou tamén estudos de Socioloxía.[2] Os seus comezos foron na emisora musical Radio Vinilo, para logo pasar á estación de OM Radio Intercontinental. A tempada 1997-98 fichou por Radio España, onde foi unha das primeiras mulleres en porse á fronte dun magacín matinal nunha cadea de eido nacional,[3] co espazo Más que palabras.[4] A seguinte tempada pasou á franxa de tardes da mesma cadea, co espazo Tardes con Teresa.[5] Tamén traballou en Antena 3 Radio e a Cadea Zeta Radio, onde realizou o programa Hoy Teresa. Entre 2011-2013 colaborou en ABC Punto Radio. Dende 2013 dirixe La Observadora, os domingos en RNE.

Televisión

editar

En 1988 incorpórase a Televisión Española para presentar, xunto a Beatriz Pécker, o programa musical Rockopop, no que se mantén até 1991. Ese ano é fichada por María Teresa Campos para colaborar no seu recentemente estreado magacín matinal Pasa la vida. Posteriormente, en 1996, continúa nos magacíns matinais de TVE, nesta ocasión xunto a Laura Valenzuela en Mañanas de Primera. Durante varios anos presentou o sorteo da Lotaría Primitiva na 2 de TVE.

Entre 1997 e 1998 presenta xunto a Manuel Torreiglesias o programa Saber vivir. En 2002, ficha por Castilla-La Mancha Televisión, onde realiza durante nove anos o programa Tal como somos. Doutra banda, en 2004 pasou a substituír a Pedro Piqueras á fronte do espazo de investigación e debate 7 días, 7 noches, de Antena 3, que se mantén en pantalla até 2007. En marzo dese ano comeza a presentar o reality show Cambio radical, baseado no programa estadounidense Extreme Makeover. Tras a finalización do espazo, seguiu á fronte do magacín castelán-manchego Tal como somos que finaliza en 2010.

O 26 de xaneiro de 2011, empezou un programa de similares características: Cerca de ti. En 2015 presenta para Telemadrid o espazo Madrid barrio a barrio. Dende xullo até setembro de 2015 presentou a Mañá da 1 en substitución de Mariló Montero e Jota Abril. A partir de xaneiro de 2016, púxose á fronte dun programa novo na 1 de TVE, chamado ¿Qué fue de ti?, un programa de testemuños en directo, que supón o regreso da xornalista a este xénero e á televisión pública tras o seu labor o pasado verán como presentadora da mañá da 1.

Prensa escrita

editar

A súa traxectoria iníciase no Diario Ya. Foi a primeira e única directora da revista de información xeral: Interviú (2002-2004),[6][7] onde publicaba un artigo semanal. Tamén colaborou en entrevistas políticas na revista Man.

  • Hombres. Modo de empleo (2001).
  • Pareja. ¿Fecha de caducidad? (2005). Ensayo.
  • Cómo ser mujer y trabajar con hombres (2007). Ensayo.
  • La memoria del agua (Martínez Roca, 2009).
  • Que el tiempo nos encuentre (2013). Novela.
  • Mientras llueva (2015). Novela.
  1. UNICEF (ed.). "Los derechos de la infancia en el corazón de la escuela". Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  2. "Este miércoles encuentro literario con Teresa Viejo en la Universidad de Huelva". Territorio Huelva. decembro de 2017. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  3. "Biografía de Teresa Viejo". Academia TV. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  4. Teresa Viejo ficha por Radio España
  5. Radio España aspira a competir con las grandes cadenas
  6. "Teresa Viejo, nueva directora de 'Interviú'". El Pais. 16 de decembro de 2002. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 
  7. "Teresa Viejo, la única mujer que dirigió 'Interviú', "rota" por el cierre de la revista". Ecoteuve. 8 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar