Teresópolis
Teresópolis é un municipio brasileiro do estado do Río de Xaneiro, situado nas montañas da Rexión Serrana Fluminense. Foi bautizado como homenaxe á esposa do emperador Pedro II do Brasil, Teresa Cristina (Teresópolis = cidade de Teresa).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Unidades da federación | Estado do Río de Xaneiro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 163.746 (2010) (212,49 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 770,601 km² | ||||
Altitude | 871 m-894 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1891 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 21 | ||||
Código de concello do Brasil | 3305802 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | teresopolis.rj.gov.br | ||||
A cidade alberga a sede dun importante parque nacional brasileiro, o Parque Nacional da Serra dos Órgãos, que conserva restos da foresta tropical coñecida como Mata Atlântica. Tamén alberga un parque estatal, o Parque Estatal dos Três Picos, recentemente creado. É unha cidade cercada por matas e por montañas como o Dedo de Deus, a Pedra do Sino, a Agulla do Diabo, a Pedra da Tartaruga e a Muller de Pedra. Polas súas formacións montañosas, a cidade é considerada a capital brasileira do alpinismo.
Polo seu clima agradable (tropical de altitude), a cidade foi escollida como sede de adestramento da Confederación Brasileira de Fútbol, estando o local de concentración da Selección Brasileira de Fútbol situado nunha propiedade chamada Granxa Comary.
A economía da cidade baséase principalmente para o turismo. A cidade ten un comercio diversificado e un sector hoteleiro desenvolvido. Forma parte tamén do cinto verde do estado do Río de Xaneiro, rexión responsábel pola produción da maior parte dos produtos hortícolas consumidos no estado. As principais industrias son as de roupas e de bebidas.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Portal Terê, informacións sobre a cidade, en portugués.