Teo

concello da comarca de Santiago, na provincia da Coruña

Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2022) conta con 18.918 habitantes.(17.807 no 2009, 17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «teense».

Modelo:Xeografía políticaTeo
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°47′42″N 8°33′44″O / 42.7949, -8.5621
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalA Ramallosa Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación19.034 (2023) Editar o valor en Wikidata (238,97 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie79,65 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude79,65 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataLucía Calvo de la Uz Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Teo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15883 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15082 Editar o valor en Wikidata

Sitio webteo.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: ConcellodeTeo Twitter: concellodeteo Instagram: teo_concello Youtube: UCVQ8wAom7YstSvJ3GPuoY8A Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Situación

editar

O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.

A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara ao val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.

Orografía

editar

As terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.

A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 °C, descendendo até os 7 e os 9 °C nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.

Demografía

editar
Censo total 18.254 (2014)
Menores de 15 anos 2.815 (15.42%)
Entre 15 e 64 anos 12.418 (68.02%)
Maiores de 65 anos 3.021 (16.55%)
Evolución da poboación de Teo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7.036 7.998 9.242 11.071 16.428 17.807 18.266 18.454 17.942 18.254 18.505 18.510
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


Historia

editar

Dise que no castro Lupario ou de Francos estaba situado o castelo da Raíña Lupa, lugar ó que acoden os discípulos de Santiago, solicitando permiso para darlle sepultura.

No ano 967, unha grande expedición normanda comandada por Gunrod, formada por máis de cen navíos e con guías do país, ataca a ria de Arousa. Sisnando, o bispo que fortificará Compostela, failles fronte en Rarís. Sisnando morre na batalla.

No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Bamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.[1]

A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.

Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.

O 23 de abril de 1846, o coronel Miguel Solís, logo de proclama-la Xunta de Galicia, librará batalla nos campos de Cacheiras contra o xeneral De la Concha, enviado polo goberno de Madrid para afoga-la revolta. O resultado será a derrota dos liberais e o fusilamento dos oficiais en Carral.[2]

Cultura

editar

Toponimia

editar

"Teo" atópase escrito na documentación da Idade Media como Sancta Maria de Talegio e como Santa Maria de Teeio. Partindo disto Edelmiro Bascuas considera que estamos ante un hidrotopónimo procedente dunha raíz indoeuropea *tala‑, co significado de "fluír" (a mesma que Tui, mediante < *ta la‑); Isidoro Millán relaciónao co río Tea, partindo tamén dunha raíz hidronímica *tekw‑, co mesmo significado de "fluír"; mentres que Joseph Piel cre que se trata dun nome de posesor de orixe xermánica *Teodone, isto é, o propietario das terras.[3]

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Teo

Bamonde (Santa María) | Cacheiras (San Simón de Ons) | Calo (San Xoán) | Lampai (Santa María) | Lucí (Santa Mariña) | Luou (Santa María) | Oza (Santa Baia) | Rarís (San Miguel) | Recesende (San Xoán) | Reis (San Cristovo) | Teo (Santa María) | Vilariño (San Tomé)

Lugares de Teo

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.

  1. [1]
  2. López Carreira (2013). Historia de Galicia Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine., p. 221: "En Cacheiras [...] líbrase unha escaramuza, seguida pola retirada de Solís, que procurou o amparo dos muros de Compostela."
  3. Artigo sobre o topónimo Teo en Portal das palabras da RAG

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.