Televinte
Televinte (T20) é unha televisión local de Chantada que comezou a emitir en 1998, propiedade de Chantada Comunicación S.L. Conta con licenza de TDT na demarcación de Chantada, que inclúe tamén os concellos de Carballedo e Taboada.
Televinte | |
---|---|
Tipo | televisión local |
Data de fundación | 1998 |
Sede | Chantada |
País | Galicia |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O principal programa que emite todos os días esta canle son os seus informativos. Televinte destaca polos criterios pedagóxicos e participativos dos seus programas[1][2]. En 2002 comezou a produción da primeira[3] serie de ficción para televisións locais que se realizou en Galicia, Cabo do mundo que se estreou finalmente o 12 de maio de 2006.
En 2004, antes da mudanza cara a TDT, tiña unha audiencia estimada de 20.000 persoas, o 47.7% sintonizábana todos os días, establecéndose unha media de 22 minutos ao día por persoa, e cun share do 10,5 % [4]. Televinte tamén destaca polo apoio á produción audiovisual na comarca, co empréstito de material e locais o que permitiu a realización de varias fitas[5].
Notas
editar- ↑ Culturagalega.org
- ↑ Sánchez, Alba. "Creciendo a ciegas en la era tecnológica" (PDF). Consultado o 20 de abril de 2020.
- ↑ Vieiros, 14-05-2006
- ↑ Estudo de audiencia de Televinte
- ↑ "A Nosa Terra" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 22 de agosto de 2010.