Teixeira de Pascoaes
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos, nado en Amarante o 2 de novembro de 1877[1] e finado en Gatão o 14 de decembro de 1952, foi un poeta e escritor portugués, principal representante do Saudosismo. Usou o pseudónimo de Teixeira de Pascoaes.
Nome orixinal | (pt) Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 2 de novembro de 1877 Amarante, Portugal |
Morte | 14 de decembro de 1952 (75 anos) Gatão, Portugal |
Causa da morte | pneumonía |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Teixeira de Pascoaes |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarTeixeira de Pascoaes naceu no seo dunha familia aristocrática[2] de Amarante, o segundo fillo (de sete) de João Pereira Teixeira de Vasconcelos, xuíz e deputado ás Cortes, e de Carlota Guedes Monteiro.
En 1883 iniciou os estudos primarios en Amarante e en 1887 ingresou no liceo da vila. En 1895 mudouse para Coímbra, onde terminou os seus estudos secundarios e en 1896 se inscribiu na facultade de Dereito da Universidade de Coímbra. Ao contrario da maioría dos seus camaradas, non formou parte da bohemia coimbrá, e pasaba o seu tempo no cuarto, a ler e a escribir.
Licenciouse en 1901 e estableceuse como avogado, primeiro en Amarante e, a partir de 1906, no Porto. En 1911, foi nomeado xuíz substituto en Amarante, cargo que exerceu durante dous anos. En 1913, con alivio, deu por terminada a súa carreira xudicial. Sobre a súa experiencia xurídica dirá: "Eu era um Dr. Joaquim na boca de toda a xente. Precisava de honrar o título. Entre o poeta natural e o bacharel à força, ia comezar um duelo que durou dez anos, tanto como o cerco de Tróia e a formatura de João de Deus. Vivi dez anos, num escritorio, a lidar com almas deste mundo, o mais deste mundo que é posíbel — eu que nacera para outras convivencias." [3]
Sendo un propietario acomodado, non tiña necesidade de exercer ningunha profesión e pasou a residir na casa familiar en Gatão, preto de Amarante, coa nai e outros membros da súa familia. Dedicábase á xestión do patrimonio, á contemplación da natureza e á lectura e á escritura. Gatão pasou a ser lugar de peregrinación de innumerables intelectuais e artistas, nacionais e estranxeiros, que o ían visitar. No final da vida, foi amigo dos poetas Eugénio de Andrade e Mário Cesariny de Vasconcelos. Este último o elixiría como poeta superior a Fernando Pessoa, chegando a ser o organizador da reedición dalgúns dos textos de Pascoaes, así como dunha antoloxía poética, nos anos 70 e 80.
Pascoaes morreu ós 75 anos en Gatão, de bacilose pulmonar, algúns meses despois da morte da súa nai, en 1952.
Obra
editarCon António Sérgio e Raul Proença, foi un dos líderes do chamado movemento da Renascença Portuguesa e lanzou en 1910 no Porto, xuntamente con Leonardo Coimbra e Jaime Cortesão, a revista A Águia, principal órgano do movemento.
Poesía
editar- 1895, Embriões.
- 1896, Belo 1ª parte.
- 1897, Belo 2ª parte.
- 1898, À Minha Alma e Sempre
- 1899, Profecia (colaboración con Afonso Lopes Vieira.)
- 1901, À Ventura.
- 1903, Jesús e Pan.
- 1904, Para a Luz.
- 1906, Vida Etérea.
- 1907, As Sombras.
- 1909, Senhora da Noite.
- 1911, Marânus.
- 1912, Regresso ao Paraíso; Elegias.
- 1913, O Doido e a Morte.
- 1920, Elegia da Solidão.
- 1921, Cantos Indecisos.
- 1924, A Elegia do Amor; O Pobre Tolo.
- 1925, D. Carlos; Cânticos; Sonetos.
- 1949, Versos Pobres.
Prosa
editar- 1915, A Arte de Ser Português.
- 1916, A Beira Num Relâmpago.
- 1919, Os Poetas Lusíadas (conxunto de conferencias pronunciadas en Cataluña.)
- 1921, O Bailado.
- 1923, A Nossa Fome.
- 1928, Livro de memórias (autobiografía).
- 1934, S. Paulo (biografía novelada).
- 1936, S. Jerónimo e a trovoada (biografía novelada).
- 1937, O Homem Universal.
- 1940, Napoleão (biografía novelada).
- 1942, Camilo Castelo Branco o penitente (biografía novelada); Duplo passeio.
- 1945, Santo Agostinho (biografía novelada).
Teatro
editar- 1926, Jesus Cristo em Lisboa (colaboración con Raul Brandão).
Notas
editar- ↑ Todas as fontes bibliográficas indican 2 de novembro de 1877 como a súa data de nacemento. A pesar diso, a partida de bautismo refire que naceu ás cinco da tarde do 8 de novembro de 1877, en Amarante. En Borges, Luísa (2006). O Lugar de Pascoaes: Epifanias da Saudade Revelada (en portugués). ISBN 9789728651794. a autora indica que Pascoaes adoptou o 2 de novembro como data do seu aniversario por razóns puramente simbólicas, por ser o Dia dos Mortos, unha porta para o Alén.
- ↑ Xenealoxía de Teixeira de Pascoaes.
- ↑ Livro de Memórias.
- ↑ https://a-coruna.callejero.net/calle-de-teixeira-de-pascoaes.html
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teixeira de Pascoaes |
Bibliografía
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |