Teatro romano de Tarraco
O Teatro romano de Tarraco é un edificio romano situado nos arredores do complexo do foro da colonia, na cidade de Tarraco, capital da provincia Hispania Citerior Tarraconensis, actual Tarragona (Cataluña, España). É unha das localizacións do lugar Patrimonio da Humanidade denominado «Conxunto arqueolóxico de Tarraco», en concreto o que leva como código de identificación 875-006.
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Conxunto arqueolóxico de Tarraco | |||
Situado na entidade xeográfica | Camp de Tarragona | |||
Localización | ||||
División administrativa | Tarragona, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 0,54 ha zona de protección: 3,4 ha | |||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Tipo | Zona Arqueológica, Monumentos do patrimonio histórico de España | |||
Data | 30 de decembro de 2014 | |||
Codi BCIN | 2066-MH-ZA | |||
Id. IPAPC | 9536 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2000 (24ª Sesión) | |||
Identificador | 875-006 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | século I | |||
Cronoloxía | ||||
século II | clausura | |||
Historia
editarO teatro foi construído en época de Augusto a finais do século I aC, como resultado da monumentalización do Foro da Colonia, e era un dos edificios máis emblemáticos de Tarraco.
O edificio utilizouse ata finais do século II, data na que se abandonou o seu uso. No século III, logo dun incendio no recinto, na zona monumental anexa ao teatro fixéronse novos edificios usando os materiais do teatro.
Características arquitectónicas e usos
editarO teatro atópase en condicións de abandono sen museización, pese a que foi declarado patrimonio da Humanidade. Recentemente habilitouse un miradoiro na rúa Sant Magí e estase traballando na rehabilitación do espazo do teatro así como das construcións do seu redor. Para a súa construción aproveitouse a pendente natural do terreo, como no caso do Anfiteatro da mesma cidade, para recortar unha parte das bancadas. Para o resto utilizouse un sistema de criptopórticos anulares.
A scaena era o lugar destinado ás representacións teatrais, e compoñíase dunha plataforma elevada sobre un podio decorado con exedra. Na parte posterior da escena deseñouse unha praza con xardíns para o acceso dos espectadores ao Teatro, e no seu centro existía un gran estanque con estatuas sobre pedestais no seu interior.
O escenario (proscaenium) estaba pechado por unha fachada monumental decorada (frons scaenae).
Os espectadores distribuíanse nas bancadas por orde censatario e social.
Conservación e achados
editarActualmente, consérvanse unicamente as cinco primeiras filas das bancadas ao redor da orchestra e dúas das tres escaleiras radiais que articulaban a bancada. Tamén se conserva a base do pulpitum e da scaenae frons, podéndose ver aínda os ocos onde ían colocados os soportes do pano.
Nas distintas probas realizadas no teatro e a súa contorna acháronse importantes restos arqueolóxicos, como capiteis, frisos, columnas, esculturas etc.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Conxunto arqueolóxico de Tarraco
- Circo romano de Tarraco
- Anfiteatro de Tarraco
- Acueduto de les Ferreres
- Arco de Berà
- Muralla de Tarragona
- Torre dos Escipións
- Foro romano de Tarraco
- Cemiterio paleocristián de Tarragona
- Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas
editar- Páxina web do Concello de Tarragona
- Páxina do Museo de Historia de Tarragona Arquivado 08 de abril de 2018 en Wayback Machine.
- Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana
- Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura Arquivado 28 de decembro de 2016 en Wayback Machine.