Tammerkoski
O Tammerkoski (en sueco Tammerfors ström) son uns rápidos situados entre os lagos Näsijärvi e Pyhäjärvi, na cidade de Tampere, Finlandia. A diferenza de altitude entre ambos lagos é de 18 metros e a auga corre dende o Näsijärvi ao norte ata o Pyhäjärvi, ao sur.[1] A cidade de Tampere comezou a construírse nas beiras do Tammerkoski, que son á súa vez unha das paisaxes industriais máis antigas de Finlandia, nas que se situán entre outras as factorías de Finlayson e Tampella. Na actualidade tan só a fábrica de cartón Tako opera na beira do Tammerkoski. O Tammerkoski é unha das paisaxes nacionais de Finlandia.
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Tampella factory area (en) | |||
Inicio | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Tampere, Finlandia | |||
Localización | Näsijärvi | |||
Final | ||||
División administrativa | Tampere, Finlandia | |||
Localización | Pyhäjärvi, Pirkanmaa | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Kokemäenjoki basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 2 () km | |||
Na beira oriental do Tammerkoski construíuse en 1986 o Sokos Hotel Ilves, de máis de 63 metros de altura.[2]
Pontes
editarA seguinte listaxe enumera todas as pontes sobre o Tammerkoski por orde dende o Nasijärvi ata o Pyhäjärvi, isto é, de norte a sur:
- Näsinsilta, dúas pontes adxacentes polas que transcorría a valtatie 12 (Paasikiven–Kekkosentie). A ponte norte finalizouse en 1977 e a ponte sur en 1975.
- Ponte ferroviaria do Tammerkoski, ponte ferroviaria pertencente á liña Tampere–Pori. Inagurouse en 1937.
- Palatsinraitin silta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse en 2012.[3]
- Satakunnansilta, inaugurada en 1900.
- Patosilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse no ano 2000.
- Hämeensilta, que forma parte de Hämeenkatu. A ponte actual foi construída en formigón armado e inaugurouse en 1929. No mesmo lugar houbo tamén unha ponte de madeira construída en 1807 , que foi substituído en 1884 por unha ponte de ferro.
- Pasarela peonil do Tammerkoski. Inaugurada o 1 de xuño de 2018, permanecerá en funcionamento ata canto menos o ano 2021.[4]
- Ponte de Kehräsaari, ponte pedestre, completado en 1986
- Vuolteensilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse en 1985.
- Laukonsilta, ponte para transporte lixeiro e peonil, completouse en 2010.[5]
- Ponte de Ratina, próxima ao lago Pyhäjärvi, completouse en 1959.
Centrais eléctricas
editarTammerkoskessa toimii neljä vesivoimalaa:
- Central eléctrica de Tampella (1916)
- Central eléctrica de Finlayson (1926)
- Central eléctrica de Keskikoski (1932)
- Central eléctrica de Alakoski (1937).[6]
As centrais de Tampella, Finlayson e Keskikoski son propiedade da cidade de Taampere.[6] A central de Alakoski pertence a Koskienergia Oy.[7]
A potencia combinada das centrais eléctricas do Tammerkoski é de aproximadamente 18 megavatios.[8]
Notas
editar- ↑ Kallio, Katariina (26 de xaneiro de 2018). "TAMPERE CITY CENTRE" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021.
- ↑ "Hotel Ilves, Tampere | 110295 | EMPORIS" (en inglés). emporis.com. Consultado o 10 de abril de 2021.
- ↑ Palomaa, Antti (26 de outubro de 2012). "Valoshow avasi Palatsinraitin sillan". Yle.fi (en finés). Consultado o 10 de abril de 2021.
- ↑ Kangasvieri, Fanni (1 de xuño de 2018). "Maritta Mustakangas odotti kaksi tuntia Tammerkosken uuden kävelysillan avautumista – Näin silta sai rakentajilta viimeisen silauksen ja avattiin kävelijöille". Aamulehti (en finés). Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 10 de abril de 2021.
- ↑ "Laukonsilta avattiin auringon paistaessa". Yle.fi (en finés). 30 de xuño de 2010. Consultado o 10 de abril de 2021.
- ↑ 6,0 6,1 Niemelä, Jari (2008). Tamperelaisen Tiedon Portaat. Tampereen asiat aasta yyhyn (en finés). Tampere: Tampere-Seura. pp. 36–237. ISBN 978-952-5558-05-0.
- ↑ Kahilaniemi, Sini & Jalovaara, Jukka & Ahonen, Markku & Ojaniemi, Asko & Virolainen, Jyri (2016). "Uusiutuvan energian kuntakatselmus: Tampere" (PDF) (en finés). Tampere: Cidade de Tampere. p. 6. Consultado o 10 de abril de 2021.
- ↑ Kellomäki, Aarre (2014). "Tammerkosken teollisuusmaisema" (PDF). WAISSI (en finés). p. 21. ISSN 1239-713X.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tammerkoski |