Taipei
Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República da China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2 685 357 habitantes en 2001).
台北市 (zh-tw) Tâi-pak-tshī (nan) 臺北市 (nan-hani) | |||||
Símbolo oficial | Urocissa caerulea (pt) (aves) Rododendro (flor) Ficus microcarpa (árbore) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
País insular | Taiwán | ||||
Enclave en | Nova Taipei | ||||
Capital de | Illa de Taiwán República de Formosa (pt) Taiwan sob domínio japonês (pt) (1895–1945) 臺灣省 (1945–1967) Taiwán (1949–sen valor) | ||||
Capital | 信義區 | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.603.150 (2020) (9.577,46 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 1.067.481 (2024) | ||||
Lingua oficial | mandarín taiwanés | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 271,7997 km² | ||||
Bañado por | 基隆河 | ||||
Altitude | 10 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1709 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Taipei City Government (en) | ||||
• Alcalde | Chiang Wan-an (en) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Taipei City Council (en) Circunscrición: 8, (Escano: 63) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||
ISO 3166-2 | TW-TPE | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vilnius (1998–) | ||||
Sitio web | gov.taipei | ||||
Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), á beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708. Comezou a adquirir importancia en 1885, cando foi elixida coma capital da provincia de Taiwán substituíndo a Tainan, e sobre todo en 1949 cando se converteu na capital do goberno nacionalista chinés de Chiang Kai-shek refuxiado na illa tras a toma do poder no continente polos comunistas de Mao Tse Tung.
Historia
editarA cunca de Taipei foi un lago en tempos prehistóricos e habitada por indíxenas ketagalan ata a inmigración de chineses han da provincia de Fuxien co comezo do século XVIII.
En concreto, en 1709, Cheng Lai Chang obtén permiso do goberno Qing para unha primeira ocupación en Xinzhuang, na beira oeste do río Tanshui, e pouco despois en Mengxia (actual distrito de Wanghua) xa na beira leste e primeiro asentamento de Taipei propiamente. A partir de 1735 a inmigración increméntase e con ela novos asentamentos por toda a zona, pero vai ser o de Mengxia coa súa excelente posición xunto á desembocadura do Hsintien polo sur no Tanshui, o que se converta no centro portuario e comercial da cunca nun primeiro momento.
Cara a metade do século XIX, a progresiva perda de calado no río pola area así como o incremento notable do comercio do té fixo que se trasladara a actividade portuaria augas abaixo, dando lugar ao asentamento de Dadaocheng
En 1875, a administración Qing establece a Prefeitura de Taipei (Taipei Fu) no Forte Dajiarui (actual distrito centro de Zhongzheng), e decide a creación dunha cidade nova que una os diferentes asentamentos da zona, sobor de todo os dous principais, Mengxia e Dadoacheng. Así, no 1879 levántase un recinto rectangular amurallado entre aqueles, con tres rúas principais enlazando cinco portas (1882-4).[1] No ano seguinte é nomeada capital da provincia de Taiwán.[2]
Durante a ocupación xaponesa (1895-1945), na que recibe o nome de Taihoku, experimenta unha grande modernización e expansión, especialmente cara ao leste. Despois da guerra, en 1949, convértese na sede do goberno nacionalista (Kuonmitang) de Chiang Kai Shek, vencido polos comunistas de Mao no continente.
Nestes últimos anos (2004) foi noticia pola construción do que de momento é o rañaceos máis alto do mundo, o Taipei 101 (508 m)
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |