Taifa de Badaxoz

antigo reino da península Ibérica

A Taifa de Badaxoz (en árabe: طائفة بطليوس) foi unha das distintas taifas da Al-Andalus que xurdiron en dous momentos distintos da historia andalusí, cuxa capital foi a cidade de Badaxoz (en árabe: Baṭalyaws بطليوس). Nun primeiro momento apareceu trala fragmentación do Califato de Córdoba a comezos de século XI, chegando a ser a máis extensa da Península Ibérica e foi invadida polos almorábides. A mediados do século XII, coa descomposición do poder almorábide, xurdiu outra taifa en Badaxoz, que foi sometida polo novo poder almohade.

Taifa de Badaxoz.

Primeira taifa

editar

A primeira taifa de Badaxoz creouse no ano 1013, trala desintegración do Califato de Córdoba, polo liberto Sabur (de nome completo Abu Muhámmad Abdallah ben Muhámmad el-Sapur al-Saqlabi) 1013-1022, de etnia eslava e antigo escravo ou cliente de Al-Hakam II.[1] A taifa dominou gran parte da antiga Lusitania e incluía Mérida, Lisboa, Elvas e Marvão.

 
Lápida de Sabur, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Badaxoz.
  • Sabur (1009-1022) foi un escravo (saqaliba) liberto de Almanzor, que se proclamou hayib (chambelán) na Marca Inferior e decidiu exercer o poder dunha forma autónoma con respecto a Córdoba. Unha das súas medidas foi pór a súa capital en Badaxoz. Os seus apoios deberon ser os notables locais, xa que entre eles escolleu como visir a Abd Allah ben Maslama ben al-Aftas, pertencente a unha familia bérber da tribo dos Miknasa chegada cos conquistadores no século VIII, e por tanto moi arabizada. Cando Sabur morreu en 1022, sucedeuno o seu visir, Abdallah ibn al-Aftas, bérber de orixe andalusí, que non respectou a sucesión de Sabur. Os fillos de Sabur fuxiron a Lisboa, onde se fixeron fortes creando a taifa de Lisboa, que caeu ó pouco tempo ó ser reconquistada pola de Badaxoz. Abdallah creou a súa propia dinastía, a dinastía Banu-l-Aftas ou aftasí (aftasíes), sucedéndoo até catro dos seus membros, durante a cal Badaxoz controlou grandes extensións do oeste das actuais España e Portugal.

Segunda taifa

editar

En 1144 os almorábides son atacados na súa propia terra, Marrocos, e teñen que replegarse. Na zona occidental da Península Ibérica prodúcese a revolta do sufí Abu-l-Qásim ben Husáyn ben Qasi en Mértola. Así mesmo Sidray ibn Wazir sublevouse en Beja e recoñeceu a ben Qasi. En 1145 Sidray conquistou Badaxoz e deixou de recoñecer a en Qasi.[2][3]

  • Sidray ibn Wazir (1145-1146)
  • Muhámmad ben Ali ben al-Hachcham (1146-1150)

Este período remataría coa chegada ó poder dos almohades cando ocuparon a taifa en 1150.

  1. Sobre su origen eslavo
  2. Histoire du Portugal et de son empire colonial (en francés). KARTHALA Editions. ISBN 9782865378449. 
  3. Muzaffar Husain Syed, Syed Saud Akhtar, Babuddin Usmani (ed.). Concise History of Islam (en inglés). Vij Books India Pvt Ltd. ISBN 9789382573470. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar