Sukhothai
Sukhothai (en tai สุโขทัย) é unha pequena cidade situada nas provincias de Kamphaeng Phet e Sukhothai, en Tailandia, capital da provincia homónima. Atópase a unha distancia de 427 km ao norte de Bangkok, a beiras do río Yom, un tributario do Chao Phraya. A súa poboación é duns 37.000 habitantes.
เทศบาลเมืองสุโขทัยธานี (th) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Monarquía constitucional | Tailandia | |||
Provincias | Provincia Sukhothai | |||
Amphoe (pt) | Mueang Sukhothai (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 15.618 (2014) (131,78 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 11.852 ha | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 64000 | |||
Sitio web | sktmun.go.th |
A cidade actual áchase 12 quilómetros ao leste da antiga cidade, a que fora a capital do primeiro reino coñecido da rexión tailandesa, o chamado reino de Sukhothai. De aí que a miúdo se fale de Nova Sukhothai, pola cidade moderna, e da cidade histórica de Sukhothai, pola antiga cidade.
A Vella Sukhothai foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1991, xunto a unha serie de cidades asociadas:
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sukhothai |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |