Sucre é a capital constitucional da República de Bolivia e do departamento de Chuquisaca. Está situada no sur da parte central do país a unha altitude media de 2 780 msnm. A súa poboación atinxe 265 336 habitantes (2008).[1]

Modelo:Xeografía políticaSucre
Imaxe

EpónimoAntonio José de Sucre Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 19°02′51″S 65°15′36″O / -19.0475, -65.26
EstadoBolivia
DepartamentosDepartamento de Chuquisaca
ProvinciaProvincia Oropeza Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación300.000 (2011) Editar o valor en Wikidata (169,68 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie1.768 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.810 m Editar o valor en Wikidata
Creación1538 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico04 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data1991 (15ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador566

Sitio websucre.bo Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453528

Historia

editar

A cidade foi fundada en 1539 polo capitán e conquistador Pedro de Anzures, marqués de Campo Redondo, co o nome Charcas, en referencia ao pobo dos charkas que vivían na rexión. Ao longo da súa historia recibiu outros nomes, como La Plata ou Chuquisaca. Foi no século XVIII cando recibiu o nome de La Plata, pola súa localización no Vicerreinado de La Plata, que en boa medida estaba delimitado xeograficamente polo conca do río da Prata, actualmente na Arxentina.

No ano 1561, o rei Filipe II estabeleceu na cidade a Audiencia de Charcas, con autoridade sobre un extenso territorio que comprendía o que actualmente corresponde ao Paraguai, o sueste do Perú, o norte de Chile, o norte da Arxentina e unha boa parte de Bolivia. En 1609, Charcas pasou a ser sede dun arcebispado e en 1624 foi creada na cidade a Universidade de San Francisco Xavier.

Durante o século XVIII, Charcas, agora dita La Plata, é o centro xudicial, relixioso e cultural da rexión. Cando en 1839, a cidade se converte na capital de Bolivia, é rebautizada, co nome de Sucre na honra do mariscal Antonio José de Sucre, camarada de armas do libertador Simón Bolívar na loita pola independencia de Bolivia, Colombia, Ecuador, o Perú e Venezuela. Unha vez perdido o seu principal recurso económico, a prata, logo da decadencia de Potosí, a capitalidade do país foi transferida para A Paz, despois dunha guerra civil (1898), perdida polos "conservadores" sucrenses fronte os "libérais" paceños. Con todo Sucre mantivo o seu status de capital nacional como sede do poder xudicial.

 
Praza de Armas da cidade, en torno ao monumento a Antonio José de Sucre

En 1991, Sucre é declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Miles de turistas acoden anualmente a visitar esta capital da arte barroca con brancos edificios que remontan aos séculos XVII, XVIII e XIX.

Sucre converteuse nunha cidade universitaria importante. Acolle numerosos despachos de avogados e de notarios, por mor do seu rango de sede da Corte Suprema boliviano.

Patrimonio cultural

editar

A disposición urbana da cidade é de plano hipodámico, como moitas das cidades coloniais hispanoamericanas. Ten un rico patrimonio artístico e cultural.

Museos

editar
  • Museo de arte indigena [1], localizado nun edificio do século XVII. Expón cerámicas e indumentaria tradicional.
  • Museo de la Recoleta.
  • Museo de Santa Clara.
  • Museo Tanga-Tanga, museo interactivo para nenos.
  • Museo Eclesiástico.
  • Museos universitarios, son museos da Universidade: Museo de Arte Virreinal Charcas, Museo Antropolóxico, Museo de Arte Moderna.

Edificios civís

editar

Casa de la Libertad, na Praza 25 de Mayo, é o edificio no que o 6 de agosto de 1825 foi asinada a declaración de independencia de Bolivia.

Templos e conventos

editar
  • Capela da Virxe de Guadalupe.
  • Catedral, do século XVII.
  • Convento de San Filipe Neri.
  • Convento de Santa Teresa.
  • Igrexa de San Francisco.
  • Igrexa de San Lazaro.
  • Igrexa de San Miguel.
  • Igrexa de Santa Mónica.
  • Igrexa de San Domingos.

Comunicacións

editar

Sucre posúe un aeroporto denominado Juana Azurduy de Padilla.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar