Estorniño

familia de paxaros
(Redirección desde «Sturnidae»)
Estorniño

Estorniño en Tanzania, Lamprotornis hildebrandti
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Familia: Sturnidae
Rafinesque, 1815
Xénero

Preto de 30, ver texto.

O estorniño[1] ou o chirlomirlo[1] é o nome dunha familia de aves, común en Galicia, da orde Passeriformes, familia Sturnidae. É nome común que se aplica a distintas especies similares.[2][3][4]

Sinonimia

editar

En Galicia corren os sinónimos chirlo ou chirlomirlo[1], que fan alusión ó seu canto e á semellanza co merlo. Tamén se rexistran distintas variantes de estorniño: destorniño, estornillo, saturniño, tomillo, tornillo, tornino, tomiño ou turnino.

Rivas Quintas recolle o dito Ter menos grasa ca un asado de tomillos, aplicado a alguén que está fraco de máis, sen carnes ningunha.

Chirlo é denominación popular dunha ave mariña: o carrán común (Sterna hirundo).

Sarmiento explica así a voz Chirlos mirlos, que recolleu en Baiona:

"Hay este dicho: 'Mi marido se fué al mar: chirlos mirlos va a buscar para mi corazón sanar'. Oí copla semejante de chirlos mirlos en Madrid, a uno que no había salido de allí. Chirlos mirlos, en el país marítimo de Bayona, se llaman unas esferillas o globos de arena, aire y agua, que se forman en las orillas del mar, cuando se retira la ola que acabó de bañar la orilla. Al punto se deshacen, y al tiempo de deshacerse, meten un ruidito, y acaso a eso aludirán la voz chir- mir-, y chirlos-mirlos, por onomatopeya, al modo que por lo mismo se inventó el verbo dicho chirlar para los ratones.

Especies

editar
  • Estorniño negro (Sturnus unicolor)
  • Estorniño pinto (Sturnus vulgaris)
  • Estorniño rosado (Sturnus roseus): presente no sueste de Europa, con aparicións esporádicas cara o oeste. Moi rara en España.
  • Estorniño irisado (Onychognathus tristramii): Israel, Xordania e Península Arábiga.
  • Estornino alinegro (Sturnus melanopterus): endémica da selva de Indonesia.
  1. 1,0 1,1 1,2 "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Definición de Estorniño no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Núñez Xestoso, Manuel. As familias da avifauna galega. Gráficas Lomba, Tui, 1985. ISBN 84-398-4717-3.
  • Jonsson, Lars: Aves de Europa, Omega, Barcelona 1993.
  • Domínguez, Luis Miguel: Guía de la fauna callejera. Rubes Editorial, Barcelona 1994.
  • Santamarina, Antón (ed. e dir.): Diccionario de diccionarios. Fundación Pedro Barrié de la Maza, Instituto da Lingua Galega, 3ª ed. 2003.
  • Penas Patiño, Xosé M., Pedreira López, C. e Silvar, Calros: Guía das aves de Galicia, Baía Edicións, A Coruña 2004.

Ligazóns externas

editar