Strange Days (filme)
Strange Days é un filme estadounidense de xénero suspense-ciberpunk[2] dirixido por Kathryn Bigelow que se estreou en 1995. Foi coescrito e producido por James Cameron e está protagonizado por Ralph Fiennes, Angela Bassett, Juliette Lewis, Tom Sizemore, Vincent D'Onofrio e Michael Wincott. Foi un fracaso comercial pola escasa recadación, que só conseguiu unha fracción dos custos.
Strange Days | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Strange Days |
Director | Kathryn Bigelow |
Produtor | James Cameron Steven-Charles Jaffe |
Guión | James Cameron Jay Cocks |
Intérpretes | Ralph Fiennes Angela Bassett Juliette Lewis Tom Sizemore Vincent D'Onofrio Michael Wincott |
Música | Graeme Revell |
Fotografía | Matthew F. Leonetti |
Montaxe | James Cameron Howard E. Smith |
Estudio | Lightstorm Entertainment |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 13 de outubro de 1995 |
Duración | 145 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense-Ciberpunk |
Orzamento | $42 000 000[1] |
Recadación | $7 959 291 |
Na rede | |
O filme foi nomeado a cinco Premios Saturn, incluíndo os nomeamentos a "Mellor filme de ciencia ficción", "Mellor guión" para Cameron e Cocks e "Mellor actor" para Fiennes. Angela Bassett gañou o premio a "Mellor actriz" e Bigelow converteuse na primeira muller en gañar o premio a "Mellor director".
Sinopse
editarFaltan dous días para a chegada do ano 2000 e as rúas da cidade dos Ánxeles están ateigadas de xente. Lenny, que foi expulsado da Brigada Antivicio, dedícase á captación de clientes para venderlles uns clips que reproducen as vivencias doutras persoas.
Personaxes
editar- Ralph Fiennes como Lenny Nero
- Angela Bassett como Lornette "Mace" Mason
- Juliette Lewis como Faith Justin
- Tom Sizemore como Max Peltier
- Michael Wincott como Philo Gant
- Vincent D'Onofrio como Burton Steckler
- William Fichtner como Dwayne Engelman
- Glenn Plummer como Jeriko One
- Brigitte Bako como Iris
- Josef Sommer como Palmer Strickland
- Nicky Katt como Joey Corto
- Richard Edson como Tick
- Michael Jace como Wade Beemer
- David Packer como Lane
Galardóns e nomeamentos
editarAno | Asociación | Categoría | Nomeado(s) | Resultado |
---|---|---|---|---|
1996 | Premios Saturn | Mellor actor | Ralph Fiennes | Nomeado |
Mellor actriz | Angela Bassett | Gañadora | ||
Mellor director | Kathryn Bigelow | Gañadora | ||
Mellor filme de ciencia ficción | Strange Days | Nomeado | ||
Mellor guión | James Cameron, Jay Cocks | Nomeado |
Notas
editar- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ Horsford, Simon (9 de maio de 2008). "Thursday's TV & radio choices". Telegraph.co.uk. Consultado o 30 de marzo de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Strange Days na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)