Souto de Rozavales

fraga galega
(Redirección desde «Souto de Rozabales»)
Véxase tamén: Castiñeiro de Pumbariños.

O Souto de Rozavales, tamén nomeado Souto de Rozabales[1], é un souto de castiñeiros que se atopa na parroquia de San Martiño de Manzaneda (Manzaneda). Neste souto destaca o castiñeiro de Pumbariños, declarado árbore senlleira, que é a súa árbore máis singular xa que ten un perímetro basal de 13 metros e unha base de 1,90 metros. Este souto adevesado e en xeral enxertado empregouse para obter madeira e castañas e pode ter preto de 1.000 anos.[2][3]

Modelo:Xeografía físicaSouto de Rozavales
Imaxe
TipoBosque primario
Monumento natural
Árbores senlleiras de Galicia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSan Martiño de Manzaneda, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°18′27″N 7°14′37″O / 42.30758, -7.24361
Características
Superficie1,8 ha Editar o valor en Wikidata

Foi declarado monumento natural polo Decreto 78/2000, do 25 de febreiro e incluído no catálogo de árbores senlleiras en 2007.[2][3]

Características

editar

O souto ten unha extensión aproximada de 1,8 ha. Os exemplares do souto son enxertados e durante séculos foron aproveitados para a recollida de castañas. O souto está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Castiñeiro de Pumbariños

editar

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro da especie Castanea sativa Mill. O castiñeiro é de máis de 13 metros de perímetro e cunha base, da base ata as pólas, de 1.90 metros. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro)[4] As súas polas principais son de entre 6 e 8 metros e a súa copa abrangue un diámetro de 20 metros. Calcúlaselle unha idade de 500 anos, polo que sería unha das árbores galegas coñecidas máis vella.[3][5]

  1. O nome oficial segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia é Souto de Rozavales; no DOG e en varias páxinas de información sobre o souto, tamén da Xunta de Galicia, aparece co nome de Souto de Rozabales.
  2. 2,0 2,1 Consellería de Medio Ambiente (Mércores, 12 de abril de 2000). Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 78/2000, do 25 de febreiro, polo que se declara monumento natural o Souto de Rozabales, no concello de Manzaneda (provincia de Ourense).". DOG (Núm. 72): páx. 5.144. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Xunta de Galicia, eds. "Monumentos Naturais". 
  4. La Voz de Galicia, eds. (25/08/2015). "Un castaño al que abrazar". 
  5. Juanjo Eireos (11/05/2017). El Correo Gallego, eds. "Árbores Senlleiras: as testemuñas vivas da historia de Galicia". Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 20/01/2018. Consultado o 28/07/2020. 

Ligazóns externas

editar