Son de Galicia
Son de Galicia é unha colección de música galega publicada en 2003 polo xornal La Voz de Galicia. A colección consta de 41 CDs onde se incluíu o máis representativo da música feita en Galicia. As obras son fundamentalmente reedicións, mais hai tamén algún disco inédito, principalmente recompilatorios.
Cronoloxía
editarA colección comezou a distribuírse o domingo 5 de xaneiro de 2003, publicándose os discos Galicia no país das maravillas (Milladoiro, 1984) e un recompilatorio dos mellores temas de Los Tamara, ao prezo de dous euros.[1] O martes 7 de xaneiro publicouse Ara Solis (Luar na Lubre, 1993).[2] O 27 de xaneiro o xornal publicou o álbum Cancións (Saraibas, 1996).[3] O 29 de xaneiro saíu á venda o álbum O mal tempo (Mutenrohi, 1995).[4] O 4 de febreiro tocoulle quenda ao álbum O colo do vento (Muxicas, 1996).[5] O 24 de febreiro publicouse un recompilatorio do grupo Ávalon.[6] O 1 de abril publicouse un recompilatorio dos mellores temas de Taranis.[7]
Discos
editar- Los Tamara – Recompilatorio
- Doa – O son da estrela escura (1979)
- Emilio Cao – Simbad en Galicia
- Brath – Rodeira (2001)
- Amancio Prada – Rosas a Rosalía (1997)
- Fuxan os Ventos – Quen a soubera cantar (1981)
- Ana Kiro – Recompilatorio
- Suso Vaamonde – Nin rosmar un laído (1977)
- Manuela e Miguel – Barco na alba (1990)
- A Quenlla – Namórate da vida (1999)
- Milladoiro – Galicia no país das maravillas (1984)
- Los Satélites con Sito Sedes
- Xil Ríos – Que non decaia (1992)
- Muxicas – No colo do vento (1996)
- Pallamallada – Recompilatorio
- Xocaloma – Rosas de luz (1991)
- Gaiteiros Galegos – Música para danza
- Orquesta de Cámara de Xove e grupo vocal Solo Voces
- Real Banda de Gaitas – Gallaecia (1994)
- Saraibas – Cancións (1996)
- Luar na Lubre – Ara Solis (1993)
- Na Lúa – Contradanzas (1991)
- Uxía – Recompilatorio
- Pablo Quintana – O cego andante (1982)
- Eva Castiñeira e Florencio (O cego dos Vilares) – Recolleita. Vol. I (1981)
- Berrogüetto – Navicularia (1996)
- Orquestra Sinfónica de Galicia
- Grupo Universitario de Cámara de Compostela – Cantigas de Santamaría, Códice Calixtino e Martín Códax (1980)
- Leilía – Recompilatorio
- Recompilatorio música galega I
- Ávalon – Recompilatorio
- Mutenrohi – O mal tempo (1995)
- Taranis – Recompilatorio
- Susana Seivane – Susana Seivane (1999)
- Arco da Vella – Abuña Copo (1995)
- Noitébregos – Noitébregos (2002)
- Bágoa da Raíña – En augas de Ortigueira (1998)
- Druadán – Druadan (2000)
- Quinta Feira – De seu (2000)
- A Roda – Pra os amigos (1980)
- Recompilatorio música galega II
Notas
editar- ↑ "Los compactos de Milladoiro y Los Tamara se podrán adquirir el domingo". La Voz de Galicia. 1 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 08/10/2015. Consultado o 29/08/2015. (en castelán)
- ↑ "«Son de Galicia reactivará unha parte da cultura do país»". La Voz de Galicia. 30 de decembro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2015. (en castelán)
- ↑ "La Voz entregará mañana el compacto de Saraibas titulado «Cancións»". La Voz de Galicia. 26 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 06 de outubro de 2015. (en castelán)
- ↑ "La Voz distribuirá mañana el compacto de los ourensanos Mutenrohi". La Voz de Galicia. 28 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2015. (en castelán)
- ↑ "El próximo martes se podrá conseguir «O colo do vento», de los históricos Muxicas". La Voz de Galicia. 28 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2015. (en castelán)
- ↑ "La Voz entregará mañana el compacto recopilatorio del grupo Ávalon". La Voz de Galicia. 23 de febreiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2015. (en castelán)
- ↑ "La Voz entregará mañana el compacto dedicado al folk-rock de Taranis". La Voz de Galicia. 30 de marzo de 2003. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2015. Consultado o 30 de agosto de 2015. (en castelán)