Skindred
Skindred é un grupo de metal Galés de Newport. A banda formouse no 1998 tralo abandono do cantante Benji Webbe do seu anterior grupo, Dub War. O estilo musical de Skindred mestura metal alternativo, punk e reggae. O grupo define o seu estilo como "Ragga metal".[1][2]
Skindred | |
---|---|
Orixe | Newport, Gales, Reino Unido |
Período | 1998-actualidade |
Xénero(s) | nu metal reggae metal metal alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Napalm, BMG, Warner Bros., MCA, Bieler Bros., Lava, Atlantic, DoubleCross |
Membros | Benji Webbe Mikey Demus Dan Pugsley Arya Goggin |
Antigos membros | Jeff Rose Martyn "Ginge" Ford |
Na rede | |
http://www.skindred.com/ | |
Historia
editarDub War formouse en Newport, Gales en 1993, firmando có selo discográfico Earache Records. Este grupo separouse no 1998,[3] e Webbe formou Skindred có baixista Daniel Pugsley, o guitarrista Mikey Dee, e o batería Dirty Arya despois de que Webbe fora incapaz de xuntar nun novo proxecto aos outros membros Dub War.[4] En 2002, Skindred lanzou o seu álbum de debut, Babylon. Tras ser remasterizado en 2003 baixo outro selo, o álbum lanzouse finalmente con Lava Records o 14 de agosto de 2004.
En Estados Unidos, o álbum chegou ao nº1 na lista Billboard "Top Reggae Albums", ao nº5 na lista "Top Heatseekers" e ao nº189 na Billboard 200, e o single "Nobody" chegou ata o nº14 na lista Mainstream Rock Tracks e ao nº23 na lista Modern Rock Tracks en 2004.[5] O 23 de outubro de 2007, Skindred lanzou o seu segundo álbum, Roots Rock Riot con Bieler Bros. Records. En Estados Unidos, o álbum chegou ao nº6 na lista Top Heatseekers e ao nº22 na Top Independent Albums.[6]
Membros
editar- Benji Webbe — vocalista
- Mikey Demus — guitarra
- Dan Pugsley — baixo
- Arya Goggin — batería
Antigos membros
editarDiscografía
editar
Sinxeloseditar
Notaseditar
Véxase taméneditarLigazóns externaseditar
|