Escaldo

(Redirección desde «Skald»)

Os escaldos[1] (do termo skald) son poetas-guerreiros viquingos que pertencían á corte dos reis escandinavos durante a Idade Media.

Bersi Skáldtorfuson compón poesía após ser capturado polo rei Olavo Haraldson. Ilustración es de Christian Krohg.

Servían ós monarcas loándoos en composicións poéticas como os drápar que principalmente tiñan a función de exaltar a súa xenerosidade ou o heroísmo que amosaron nalgunha batalla. As súas obras constitúen a chamada poesía escáldica, caracterizada polo verso aliterativo e figuras retóricas, unha das cales era o kenning.

Famosos escaldos son protagonistas das sagas como por exemplo, Egill Skallagrímsson, da saga do seu mesmo nome.

O verdadeiro papel dun escaldo non era unicamente de compositor de poemas, na Idade Media tamén eran considerados cronistas, escritores, testemuñas da historia e, en certa medida, o seu perfil era como os xornalistas da actualidade. Olavo II de Noruega menciónao moi claramente pouco antes da batalla de Stiklestad:

El chamou ós seus escaldos e ordenoulles entrar na sala da súa fortaleza. "Vós debedes estar aquí", dixo, "e ser testemuñas de todo o que pasará aquí. Entón non necesitaredes que ninguén vos diga nada, pois poderedes dicilo por vós mesmos e compoñer versos sobre iso máis tarde".[2]