Sibila de Fortià
- Este artigo trata raíña consorte da Coroa de Aragón (1377-1387). Para outra nobre do mesmo nome, a infanta filla de Berenguer Ramón I, conde de Barcelona (1005-1035), véxase Sibila de Barcelona.
Sibila de Fortià nada c. 1350 en Fortià, Condado de Empúries, a 35 km ao norte de Xirona,[1] e finada o 24 de novembro de 1406 en Barcelona, Condado de Barcelona,[1] [2] foi unha nobre empordanesa que foi raíña consorte de Aragón, de Valencia, de Mallorca, de Sardeña e de Córsega, duquesa de Atenas e de Neopatria, e condesa consorte de Barcelona e dos outros condados cataláns desde 1377 a 1387.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1350 Fortià, España |
Morte | novembro de 1406 (55/56 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Barcelona |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Aragón (1377–1387) |
Cónxuxe | Pedro IV de Aragón (1377–1387) Artal de Foces II (1371–1374) |
Fillos | Alphonse d'Aragon () Pedro IV de Aragón Peter of Aragon () Pedro IV de Aragón Isabel de Aragón () Pedro IV de Aragón |
Pais | Bernat de Fortia e Francesca de Vilamarí |
Cronoloxía | |
xaneiro de 1381 (Gregoriano) | coroación (Zaragoza) |
Orixes familiares
editarSibila pertencía á liñaxe dos Fortià, da baixa nobreza empordanesa,[1] con posesións no medio rural, no Condado de Empúries, do cal eran feudatarios.
Era a máis nova das tres fillas do barón Berenguer de Fortià e de Francesca de Vilamarí, filla de Bernat de Vilamarí e de Francesca de Palau.[1] [2][3]
Traxectoria
editarSibila, na súa xuventude, en 1371, casou con Artal de Foces, un cabaleiro da baixa nobreza aragonesa, que era o señor de Foces.[1] A dos Foces era unha liñaxe de Aragón oriúnda da localidade de Ibieca e que xa figura documentada no século XI.[4]
Este matrimonio levaría a Sibila desde a súa escuridade provincial á Corte real, xa que Artal foi conselleiro de Leonor de Sicilia, a terceira esposa do rei Pedro IV, e foi armado cabaleiro polo rei en recoñecemento aos seus servizos; foi así como a xove e bela Sibila entrou no contorno real.[1]
A raíña Leonora morreu en Lleida o 20 de abril de 1375, e Artal tamén morreu pouco despois. Ambos os viúvos, Pedro e Sibila, consoláronse mutuamente. Sete meses despois da morte da raíña, Pedro deulle á xove viúva a súa primeira asingación real, de 2 000 floríns aragoneses, para que soportara a súa viuvez; e fixéronse amantes.[1]
No curso do ano 1376, Sibila deu a luz un fillio, Afonso, que viviu poucos anos e, en 1377, moi probabelmente despois do seu matrimonio co rei, foi legxitimado por Pedro IV.[2]
Porque Pedro IV, o 11 de outubro de 1377, casou en Barcelona, por última e cuarta vez, con Sibila, que foi coroada raíña, en Zaragoza, en xaneiro de 1381.[2]
Sibila influíu no seu esposo e logrou que membros da súa familia desempeñaran importantes postos na Corte, e o seu irmán, Bernat, foi conselleiro do rei.[2]
Despois da morte do marido, en 1387, Sibila fuxiu da Corte e refuxiouse en Sant Martí Sarroca, no Penedès. Cando foi capturada, a cambio da renuncia a todas as súas prerogativas, se lle concedeu unha pensión.[2]
Morte e sepultura
editarSibila retirouse a vivir en Barcelona, onde morrreu o 24 de novembro de 1406.[2]
Por orde do rei Mariño, foi enterrada, con funerais de Estado, no convento de San Francisco de Barcelona, lugar tradicional de enterramento dos reis e as raíñas da Coroa de Aragón, onde ocupou o sepulcro que deixara libre Afonso o Benigno, que se trasladara en 1369 ao convento de San Francisco de Lleida. Pero non foi conducida ao panteón oficial do Mosteiro de Poblet.
Cando o convento franciscano de Barcelona en 1837 foi desamortizado, os seus restos, como os doutras peronas reais alí enterradas, foron trasladados o 20 de abril de 1852, á Catedral de Barcelona e depositados nunha urna encaixada na parede da capela dos Mártires do claustro, que foi sufragada pola raíña Isabel II e, finalmente, o 13 de outubro de 1998, transferida ao interior do templo, noutra urna colocada sobre o muro da esquerda do altar maior.
Predecesor: Leonor de Sicilia |
Raíña consorte da Coroa de Aragón 11 de outubro de 1377 – 6 de xaneiro de 1387 |
Sucesor: Iolanda de Bar |
Galería de imaxes
editar-
Casa natal da raíña Sibila, en Fortià
-
Castelo de Sant Martí Sarroca
-
Os restos de Sibila entán depositados no sepulcro da dereita, na Catedral de Barcelona
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sibila de Fortià |
Bibliografía
editar- Albertí i Casas, Elisenda (2007): Dames, Reines, abadesses, 18 personalitats femenines a la Catalunya medieval. Barcelona: Albertí Editora, S. L. ISBN 978-84-7246-085-0.
- Bassegoda Nonell, Joan (1999): "Las tumbas reales de la catedral de Barcelona", Butlletí de la Reial Acadèmia Catalana de Belles Arts de Sant Jordi 13: 237-255.
- Boscolo, Alberto (1970): Sibila di Fortià, regina d'Aragona. Padova: CEDAM. ISBN 978-88-1323-549-9. [trad. catalá: La reina Sibil·la de Fortià. Barcelona, Rafael Dalmau, 1971. ISBN 978-84-2320-051-1].
- Riber i Campins, Llorenç (1944): Sibilia de Fortiá. Madrid: Ediciones y Publicaciones Españolas.
- Roca i Heras, Josep Maria (1928): "La reyna empordanesa", en Sobiranes de Catalunya: recull de monografies històriques, Barcelona: Fundació Concepció Rabell i Cibils, viuda Romaguera, pp. 9–211.
- Silleras-Fernández, Núria (2010): "Money isn't everithing: Concubinate, Class, and the Rise and Fall of Sibil·la de Fortià, Queen of Aragon", en: Thresa Earenfigth (edit.) Women and Wealth in Late Medievan Europe. Nova York, NY, USA: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-3495-3987-1, pp. 67–83.
- Sobrequés i Callicó, Jaume e Mercè Morales i Montoya (2011): Contes, reis, comtesses i reines de Catalunya. Barcelona: Editorial Base, col. Base Històrica nº 75. ISBN 978-84-1526-724-9.
- Tasis i Marca, Rafael (1954): La vida del rei En Pere III. Barcelona: Aedos.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pinturas de San Miguel de Daroca (Románico Aragonés) Arquivado 25 de abril de 2019 en Wayback Machine. (en castelán).
- Presentación de Sibil·la de Fortià (2007) (YouTube) (en catalán).
- Sibil·la, de Fortià Arquivado 07 de agosto de 2016 en Wayback Machine. no Diccionari Biogràfic de Dones (en catalán).