Setecoros, Valga
San Salvador de Setecoros é unha parroquia que se localiza no concello de Valga. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 687 habitantes (339 homes e 348 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 882 habitantes.
Setecoros | |
---|---|
Concello | Valga[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′15″N 8°40′13″O / 42.6708909, -8.6702093 |
Poboación | 687 hab. (2022) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial é neoclásica, do século XVI (rematada en 1701), pero conserva varios capiteis de mármore antigos, dos séculos V e VI. Algúns deles consérvanse no museo da Catedral de Santiago e no museo de Pontevedra.
Consta dunha nave rectangular e unha ábsida a menor nivel cá nave, con contrafortes no punto de unión. Os muros laterais son lisos, con dúas xanelas de arco apuntado por cada banda e unha porta lateral moldurada alintelada. A sancristía está acaroada ao sur.
A fachada está dividida por cartro pilastras rematadas nun frontón triangular con óculo central simulado. ten portada en arco de medio punto moldurada. A torre - campanario lateral ten dous corpos, e está rematada en cúpula.
No lugar do Pino hai un peto de ánimas.
Lugares e parroquias
editarLugares de Setecoros
editarLugares da parroquia de Setecoros no concello de Valga (Pontevedra) | |
---|---|
Bronllo | Casal de Eirigo | As Cernadas | A Cerneira | A Eirexe | Louro | Magariños | O Outeiro | O Pino | Reguengo |
Parroquias de Valga
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Valga | |
---|---|
Campaña (Santa Cristina) | Cordeiro (Santa Comba) | Setecoros (San Salvador) | Valga (San Miguel) | Xanza (Santa María) |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.