Servando Gómez-Aller
político galego
(Redirección desde «Servando Gómez-Aller de la Vallina»)
Servando Gómez-Aller de la Vallina Martínez de la Rosa, finado en Vigo o 28 de outubro de 1977,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | ? |
Morte | 28 de outubro de 1977 Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Galeguista |
Traxectoria
editarFillo do farmacéutico e odontólogo Servando Gómez de la Vallina e mais de Mercedes Aller Vicente.
Militante do Partido Galeguista, foi secretario do Grupo Galeguista de Lugo en 1935. Despois da guerra civil foi unha das persoas coas que contactou Ramón Piñeiro para tentar reorganizar o Partido Galeguista.[2] Dende 1944 foi delegado do Instituto Social da Mariña en Vigo. Recibiu a Encomenda de Número da Orde do Mérito civil en 1971.[3]
Notas
editar- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-10-1977, p. 15.
- ↑ Javier Rivera (9 de novembro de 2013). "Que foi dos irmáns? (Carta inédita)". El Progreso.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-4-1971, p. 11.