Sergio Portela
Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo dos tamén arquitectos César Portela e Pascuala Campos de Michelena.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1970 (53/54 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escultor, arquitecto, pintor, fotógrafo |
Familia | |
Pais | César Portela e Pascuala Campos de Michelena |
Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova), Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento ao Capitán Nemo[1]), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.
Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.
Obra en Lalín
editarNo ano 2002 construíu en Lalín un conxunto escultórico na carballeira da Crespa que no ano 2008 foi trasladado á carballeira do Rodo, próxima ó casco urbano.
Notas
editar- ↑ "Monumento ó Capitán Nemo (2003)". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2017. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sergio Portela |
Ligazóns externas
editar- Web do autor
- «A veces son tan importantes las obras como el lugar donde están hechas», entrevista de María Conde en La Voz de Galicia, 4 de xullo de 2009.