Sergio Gori
Sergio Gori, alcumado Bobo, nado en Milán o 24 de febreiro de 1946 e finado en Sesto San Giovanni o 5 de abril de 2023,[1] foi un futbolista italiano, que xogaba como centrocampista e dianteiro.
(1975) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1946 Milán, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 5 de abril de 2023 (77 anos) Sesto San Giovanni, Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 178 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista (–1979) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1964 - 1979 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1970 | Mundial de Fútbol México 1970 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
É un dos seis únicos futbolistas italianos (xunto con Giovanni Ferrari, Filippo Cavalli, Pierino Fanna, Aldo Serena e Attilio Lombardo) que gañou a liga italiana con tres clubs diferentes. Fíxoo co Inter de Milán, co Cagliari e coa Juventus.[2] Foi internacional coa selección italiana, coa que foi finalista no Mundial de 1970.
Traxectoria
editarFormouse como futbolista na canteira do Inter de Milán, debutando co primeiro equipo en 1964, na época do chamado Grande Inter, baixo a batuta do adestrador arxentino Helenio Herrera. Nas súas dúas primeiras tempadas co primeiro equipo interista, gañou dúas ligas, unha Copa de Europa e dúas Copas Intercontinentais, aínda que a súa participación foi escasa, disputando só un total de 14 partidos en dous anos.
En 1966 foi cedido ao Vicenza, como parte do acordo que levou ao máximo goleador do campionato anterior, Luís Vinício, a Milán. Marcou oito goles en cada unha das súas dúas tempadas co club do Véneto, nun total de 56 partidos da Serie A, contribuíndo á salvación do equipo.
De regreso a Milán, xogou só 14 partidos antes de ser traspasado, xunto con Angelo Domenghini ao Cagliari, dentro da operación pola que o dianteiro centro Roberto Boninsegna pasou a ser xogador do Inter.
Na súa primeira campaña en Sardeña conquistou o seu terceiro scudetto, desta vez cun papel protagonista, formando un destacado dúo atacante con Gigi Riva, co que compartiría dianteira durante os seguintes anos. Na tempada 1974/75, con Riva lesionado, Gori foi o máximo goleador do equipo.
Ao ano seguinte fichou pola Juventus, coa que gañou un novo scudetto, o cuarto para el, con tres equipos diferentes.[2] Durante a mesma tempada conquistou ademais a Copa da UEFA, despois de derrotar na final ao Athletic de Bilbao. A continuación xogou no Verona e no Sant'Angelo, co que logrou o ascenso á Serie C1.
Selección italiana
editarFoi convocado para a selección italiana no ano no que gañou o scudetto co Cagliari. Debutou coa camisola azul durante o Mundial de 1970 en México, no partido de cuartos de final contra o equipo anfitrión, substituíndo na segunda parte ao seu compañeiro Domenghini. A selección italiana alcanzou a final, onde perdeu ante o Brasil de Pelé. Xogou dous partidos internacionais máis ese ano, contra Suíza e Austria.
Palmarés
editar- Inter de Milán
- Serie A (2): 1964/65, 1965/66.
- Copa de Europa (1): 1964/65.
- Copa Intercontinental (2): 1964, 1965.
- Cagliari
- Serie A (1): 1969/70.
- Juventus
- Serie A (1): 1976/77.
- Copa da UEFA (1): 1976/77.
Notas
editar- ↑ "È morto Sergio ‘Bobo’ Gori, aveva 77 anni: vinse lo Scudetto con Cagliari, Inter e Juventus" (en italiano). Fanpage. 5 de abril de 2023. Consultado o 5 de abril de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Serena, la punta con la valigia" (en italiano). 7 de maio de 2013. Consultado o 9 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés).