En fonética, un vocoide non silábico é unha clase que engloba ó que tradicionalmente se chamaron semivogais e semiconsoantes. Foneticamente é un son aproximante que é a realización dunha vogal que por si mesma non forma sílaba, senón vai acompañada doutra vogal que ten o valor silábico. O termo semivogal resérvase para o elemento non silábico dun ditongo decrecente, ou para o son non silábico que segue á vogal forte nun tritongo. O termo semiconsoante prefírese para designar ó elemento non silábico dun ditongo crecente ou ó primeiro son dun tritongo.

As semivogais ou semiconsoantes son frecuentemente alófonos non silábicos de vogais. As semivogais correspondentes a /i, ou desígnanse cos signos [i̯, ou̯], mentres que as semiconsoantes con [j, w].

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da lingua galega I: fonética e fonoloxía. Vigo: A Nosa Terra. p. 119. ISBN 978-84-8341-060-8.Freixeiro Mato, X. R.&rft.btitle=Gramática da lingua galega I: fonética e fonolox�a&rft.date=2006&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8341-060-8&rft.pages=119&rft.place=Vigo&rft.pub=A Nosa Terra&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">