Selección de fútbol de Paraguai
A selección de fútbol de Paraguai é o equipo representativo de Paraguai nas competicións internacioais oficiais de fútbol. A súa organización está a cargo da Asociación Paraguaia de Fútbol (APF), pertencente á Conmebol. Os guaraníes, como son coñecidos popularmente, estiveron presentes en oito edicións da Copa Mundial de Fútbol, o campionato máis importante no que unha selección nacional pode competir. Foron os de 1930, 1950, 1958, 1986, 1998, 2002, 2006 e 2010. Até o momento, a mellor clasificación puido acadar neste torneo é a de cuartos de final, obxectivo acadado no Mundial de Suráfrica 2010.
Paraguai | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Asociación | Asociación Paraguaya de Fútbol — APF | ||
Confederación | CONMEBOL (Suramérica) | ||
Código FIFA | PAR | ||
Alcume | Guaraníes | ||
Clasificación FIFA | 41 (11 de xuño de 2020) | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | Eduardo Berizzo | ||
Máis encontros | Paulo da Silva (150) | ||
Máximo goleador | Roque Santa Cruz (32) | ||
Estrea internacional Paraguai 1 – 5 Arxentina Asunción, Paraguai; 11 de marzo de 1919 | |||
Maior vitoria Paraguai 7 – 0 Bolivia Río de Xaneiro, Brasil; 30 de abril de 1949 Hong Kong 0 – 7 Paraguai Hong Kong, China; 17 de novembro de 2010 | |||
Maior derrota Arxentina 6 – 1 Paraguai Santiago, Chile; 20 de outubro de 1926 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 8 (primeira en 1930) | ||
Mellor resultado | Cuartos de final (2010) | ||
Copa América | |||
Participacións | 37 (primeira en 1921) | ||
Mellor resultado | Campións (1953, 1979) |
Participou na Copa América en trinta e tres ocasións, conquistándoa nos anos 1953 e 1979, en cuxas finais derrotou ás seleccións do Brasil e Chile, respectivamente. Obtivo ademais o subcampionato cinco veces: en 1922, 1929, 1947, 1949 e 1963. O seu maior éxito nuns Xogos Olímpicos produciuse no torneo masculino de Atenas 2004, onde gañou a medalla de prata. Neste certame a selección paraguaia disputou por primeira e única vez a final dunha competición a nivel mundial. Previamente obtivera a súa pasaxe tras finalizar no segundo lugar do Preolímpico Suramericano Sub-23 de 2004, vencendo no último partido á selección brasileira, quedando esta eliminada. Tamén se clasificou para o torneo masculino de Barcelona 1992, onde chegou até os cuartos de final, gañando como anfitrión o título de campión preolímpico suramericano.
Historia
editarParaguai acandou a segunda fase da Copa do Mundo en tres ocasións (en 1986, 1998 e 2002) mais só acandou a terceira fase unha vez (en 2010). As únicas vitorias de Paraguai nun torneo internacional aconteceron na Copa América, na cal triunfaron en dúas ocasións, 1953 e 1979. Tamén gañaron unha medalla de prata no torneo de fútbol dos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, sendo derrotados por 1 a 0 da man Arxentina na final.
Despois da contratación como técnico da selección paraguaia do arxentino Gerardo Martín, a selección paraguaia de fútbol mudou o seu antigo comportamento defensivo, pola marca de presión na zona de medio campo e un xogo ofensivo, apoiado coa aparición de mediocampistas como Christian Riveros, Enrique Vira ou Edgar Barreto entre outros; atacantes con alta porcentaxe de goles como Salvador Cabañas, Roque Santa Cruz ou Nelson Haedo Valdez , todos eles mozos formados en clubs europeos e mexicanos. Esta mestura de xogo ofensivo e táctica deron como resultado unha medalla de prata nas Olimpíadas de Atenas. Paraguai ten tradición no fútbol sala sendo, inclusive, campión mundial en 1988 nun campionato organizado pola FIFUSA (que aínda non ten o recoñecemento da FIFA).
Resultados
editarCopa Mundial de Fútbol
editarAno | Fase | Posición | PX | PG | PE | PP | GF | GC |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Uruguai 1930 | Primeira fase | 9° | 2 | 1 | 0 | 1 | 1 | 3 |
Italia 1934 | Non participou | |||||||
Francia 1938 | ||||||||
Brasil 1950 | Primeira fase | 11° | 2 | 0 | 1 | 1 | 2 | 4 |
Suíza 1954 | Non se clasificou | |||||||
Suecia 1958 | Primeira fase | 12° | 3 | 1 | 1 | 1 | 9 | 12 |
Chile 1962 | Non se clasificou | |||||||
Inglaterra 1966 | ||||||||
México 1970 | ||||||||
Alemaña 1974 | ||||||||
Arxentina 1978 | ||||||||
España 1982 | ||||||||
México 1986 | Oitavos de final | 13° | 4 | 1 | 2 | 1 | 4 | 6 |
Italia 1990 | Non se clasificou | |||||||
Estados Unidos 1994 | ||||||||
Francia 1998 | Oitavos de final | 14° | 4 | 1 | 2 | 1 | 3 | 2 |
Corea/Xapón 2002 | Oitavos de final | 16° | 4 | 1 | 1 | 2 | 6 | 7 |
Alemaña 2006 | Primeira fase | 18° | 3 | 1 | 0 | 2 | 2 | 2 |
Suráfrica 2010 | Cuartos de final | 8° | 5 | 1 | 3 | 1 | 3 | 2 |
Brasil 2014 | Non se clasificou | |||||||
Rusia 2018 | ||||||||
Total | - | 22° | 27 | 7 | 10 | 10 | 30 | 38 |
Copa América
editarCopa América | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1916 | Non participou | 1917 | Non participou | 1919 | Non participou | 1920 | Non participou | ||||||||||||||||||
1921 | 4º lugar | 1922 | Final - 2º lugar | 1923 | 3º lugar | 1924 | 3º lugar | ||||||||||||||||||
1925 | 3º lugar | 1926 | 4º lugar | 1927 | Retirouse | 1929 | Final - 2º lugar | ||||||||||||||||||
1935 | Retirouse | 1937 | 4º lugar | 1939 | 3º lugar | 1941 | Retirouse | ||||||||||||||||||
1942 | 4º lugar | 1945 | Retirouse | 1946 | 3º lugar | 1947 | Final - 2º lugar | ||||||||||||||||||
1949 | Final - 2º lugar | 1953 | Campión | 1955 | 5º lugar | 1956 | 5º lugar | ||||||||||||||||||
1957 | Retirouse | 1959 | 3º lugar | 1959 | 5º lugar | 1963 | Final - 2º lugar | ||||||||||||||||||
1967 | 4º lugar | 1975 | 4º lugar | 1979 | Campión | 1983 | 4º lugar | ||||||||||||||||||
1987 | Primeira fase | 1989 | 4º lugar | 1991 | Primeira fase | 1993 | Cuartos de final | ||||||||||||||||||
1995 | Cuartos de final | 1997 | 7° lugar | 1999 | 6° lugar | 2001 | 10° lugar | ||||||||||||||||||
2004 | 5° lugar | 2007 | 5° lugar | 2011 | Final - 2° lugar | 2015 | 4° lugar | ||||||||||||||||||
2016 | 13° lugar | ||||||||||||||||||||||||
Táboa xeral: 4º posto | |||||||||||||||||||||||||
|
Xogadores
editar
Máis partidos disputadoseditar
|
Máximos goleadores da seleccióneditar
|